
Fai clic na imaxe para acceder á galería.
Defendendo o noso voleibol
Rematada a quinta xornada, duas das nosas loitadoras; María Barrasa e Anne Claire Ter Brugge, foron designadas pola Federación como integrantes do septeto ideal da Liga Iberdrola. Tamén Amelia Porteiro foi a mellor receptora da xornada. O resultado acadado contra o Fundación Cajasol Andalucía leva ao noso equipo á cuarta posición da clasificación xeral.




Sábado de Liga Iberdrola [17:00] e Superliga M2 [19:45].
Domingo de Primeira División Nacional Feminina [16:00].




O sábado teremos dous partidos dos equipos de Liga Iberdrola e Superliga Masculina. Un plan ideal para desfrutar do noso deporte no Pavillón Municipal de Lugo. Loitadores e loitadoras agradecerán o voso apoio contra dous riváis moi potentes
A nosa loitadora YASMIN BATISTA foi designada pola Federación como MVP da terceira xornada da Liga Iberdrola e incluida no sete ideal.