Canteirás e loitadoras

Novamente, o noso equipo de Superliga, estará reforzado polas nosas xuvenís.
Un luxo para o equipo poder contar con estes tres reforzos, e un luxo para estas tres canteirás poder gozar outro ano máis da competición na máxima categoría do voleibol español.
Aproveitade a oportunidade e gozade da experiencia, aínda que o pareza, isto non é o habitual.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Arenal Emevé: Cassie Bujan

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Cassie Bujan”
ARGUMENTO: Ano 2077, Cassie descobre que é unha superatleta creada para sobresaír en calquera deporte. Como tal está equipada con implantes cibernéticos e un traxe biosintético que lle proporcionan distintas habilidades (máis forza, reflexos felinos, supervelocidade…). Tras dubidar entre os seus dúas grandes paixóns, o fútbol e o voleibol, decídese por este último e empeza a brillar.
Sen saber moi ben cómo, Cassie métese nunha máquina do tempo que a leva ao ano 2020 e a unha cidade do Noroeste español. Alí decide unirse ao seu equipo de volei, onde aproveitará todas os seus superhabilidades para axudar ás súas compañeiras #loitadoras a converterse nun dos mellores equipos xamais vistos no seu tempo.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

Cassandra (Cassie) Bujan. Arenal Emevé.

( Líbero, 1996) Xa é oficialmente una das nosas #loitadoras.
En palabras do noso Director Deportivo, Juan Villar: “a Internacional canadense é unha xogadora nova aínda que con gran experiencia. Coa súa fichaxe téntase dar un salto de calidade na defensa do equipo, será a encargada de dirixir todo o noso xogo defensivo, toda a nosa recepción. Tennos que dar a pausa e a calma que necesita o noso equipo, que peca un pouco de mocidade e pode poñerse nervioso neste tipo de xogadas”.
Un reforzo de luxo que dará un punto máis de espectacularidade ao noso xogo e que, a non seguro, depararanos momentos inesquecibles.
Benvida Cassie, goza e fainos gozar!!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

Arenal Emevé: Jose Valle

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Jose Valle”
ARGUMENTO: Jose xa é un superheroe na súa vida cotiá, o seu traballo obrígalle a arriscar a súa vida para protexer a d@s demais. A pesar diso, Jose non sente realizado e acaba no marxinal mundo do deporte minoritario. Na súa cara oculta, Jose tentará facer dun pequeno equipo de voleibol feminino de provincias un dos máis grandes do país na máis alta categoría do voleibol español.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Jose Valle segue no Arenal Emevé como adestrador da Liga Iberdrola.

Por fin podemos anunciar ao noso guía, o noso faro, o noso “capo” para a Liga Iberdrola. JOSE VALLE dirixirá de novo ás nosas #loitadoras na máxima categoría.
Unha persoa de club, con ampla experiencia e o mellor coñecedor do equipo. ¿Que máis se pode pedir?.
Sorte nesta nova tempada Jose, nas túas mans encomendamos o noso futuro.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA