Arenal Emevé: Carolina Camino

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
” Arenal Emevé: Carolina Camiño:
ARGUMENTO: Carolina, filla do gran Comandante Tito, regresa á súa terra tras o seu desterro na Illa Permanente.
Sen esquivar o seu destino, Carolina asume a difícil tarefa de dirixir o barco do Arenal Emevé na súa travesía pola Superliga Feminina de Voleibol.
Acompáñanos nesta nova aventura surcando os sete mares.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

Arenal Emevé: Carla Jiménez

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé” Carla Jiménez”
ARGUMENTO: Tras medrar e formarse nunha illa paradisíaca chamada “Concentración Permanente”, Carla, xunto con algunhas compañeiras, decide abandonar a illa e poñer rumbo a Lugo.
Alí unirase a un grupo de #loitadoras que necesita os seus poderes para sobrevivir no seu novo desafío, a Superliga Feminina de Voleibol.
Únete a Carla nesta nova aventura en 3D.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Arenal Emevé: Inma Lavado

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Inma Lavado”
ARGUMENTO: Inma é unha superheroína moderna. Con aptitudes extraordinarias como super-forza, mega-rapidez, e unha valentía e garra desmedidas, leva unha dobre vida en Lugo, a súa cidade de adopción.
O mesmo aproveita as súas calidades para xogar ao voleibol ao máximo nivel, que para combater o crime e atrapar delincuentes en plena rúa.
Este filme narrará o segundo ano de Inma en Lugo e no Club Voleibol Arenal Emevé. Que aventuras nos deparará nesta tempada?
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Arenal Emevé: Marta Otero

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Marta Otero”
ARGUMENTO: Tras varios anos concentrada no ” inframundo” da Permanente, onde desenvolveu as súas habilidades rodeada de seres extraordinarios con aptitudes sobrenaturais, Marta regresa ao mundo real.
No seu regreso, Marta únese a un grupo de #loitadoras de elite, onde se reencontra con algunhas compañeiras chegadas desde a Permanente. Ao seu lado loitarán as estrelas locais e outras chegadas de todo o país e parte do estranxeiro, para tentar converterse no mellor equipo de voleibol xamais visto sobre o Municipal. ¿Acompáñalas?
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Arenal Emevé: Lucía Prol

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé, Lucía Prol”
ARGUMENTO: LUCIA PROL atópase acompañada das súas compañeiras e obrigada a enfrontar unha perigosa conspiración con lazos co seu pasado mentres é buscada por outros equipos. Perseguida por unha forza que non se deterá ante nada para derrubala, Prol debe lidar coa súa historia como internacional e as relacións rotas que deixou ao seu paso moito antes de converterse en #loitadora.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA