Nos quedamos sin Copa.

QUEDAMOS SEN COPA
Non puido ser e as nosas #loitadoras quedáronse fóra da loita pola Copa Princesa as primeiras de cambio.
Nun partido irregular ante Valle D’ Hebrón despedímonos da competición sen pena nin gloria.
Toca seguir traballando e mellorando se queremos achegarnos aos nosos obxectivos.
Parabéns ao CV Sayre Mayser Gran Canaria por un excelente torneo e unha merecida vitoria na gran final.
ARENAL EMEVÉ, A SEGUIR LOITANDO!

Desembarco das Loitadoras na Copa Princesa

O DESEMBARCO DAS #LOITADORAS
As nosas loitadoras xa están listas para desembarcar en Palma para a disputa da Copa Princesa de Voleibol.
O sábado 11 disputaranse as semifinais entre Voley Ciutat Cire VS Club Voleibol Sayre Maiser Gran Canaria (17:00) e C.V. Vall d’ Hebrón VS Arenal Emevé (19:00).
Non será unha batalla fácil, pero as nosas mozas xa disputaron e gañaron moitas guerras.
ARENAL EMEVÉ, A POLA COPA !! ⚔️

Copa Princesa. Palma de Mallorca.

As nosas loitadoras xogarán o Sábado día 11 a partir das 19.00 frente ao equipo do CV Vall D’Hebrón segundo clasificado do grupo B (por debaixo do CEAP Soria que non pode xogar esta competición copera). a primeira semifinal xogarana o equipo organizardor: JS Hotel CIDE frente a CV Sayre Décimas e taré lugar ás 17.00.

 

Arenal Emevé Sub campión da XXXVII Copa Galicia Voleibol.

Logo de vencer na semifinal ao CV Korbis por 3-0, non puideron as loitadoras de Manuel Blanco coa férrea estrutura do Autos Cancela Zalaeta na final da Copa Galicia de Voleibol. Noraboa ao equipo coruñés, merecido gañador. Clicade na imaxe para ver algunhas fotos proporcionada polo CV Zalaeta.

Importante a incorporación ao primer equipo lucense da colocadora cadete: Sara Fernández para acompañar á xa habitual Lidia Figueira e  das xuvenís, Lucía Pego e Iria Sánchez que sumadas a Paula Reija, Ainara Burgo, Uxía López e Sara Urrea baixaron, ainda máis, a media de idade do equipo.