Partido SF2 Arenal. Emevé-CV Sestao

O vindeiro sábado 19 ás 17:30 temos unha nova cita no Municipal, nesta ocasión as nosas mozas reciben a CV SESTAO.
Queridas amigas Sestaotarras, agora que acabaron as nosas grandes festas necesitamos motivos para seguir festexando e queremos que a vitoria neste partido sexa a nosa próxima excusa 😉😉😉.
O que está claro é que viviremos unha gran tarde de vóley.
ARENAL EMEVE, LOITANDO XUNTOS !!

Partidos 19-20 Outubro 2019

Outro fin de semana de intensas emocións en casa, xa que só os nosos mozos de SVM e un equipo infantil xogarán fóra. Fin de semana intenso para o Arenal Emevé e para o deporte lucense.
OS NOSOS EQUIPOS NECESITAN O VOSO APOIO, NON FALTEDES !!!

Domingo das mozas e victoria do ARENAL Emevé en SF2.


FELIZ “DOMINGO DÁS MOZAS” EMEVER@S !
Feliz porque onte demos un gran paso. Tal e como recolle hoxe El Progreso de Lugo, empezamos con moita forza esta SF-2. Un gran partido, con moita intensidade que nos levou a gañar 3-0 ás campioas da pasada tempada. Aínda que o resultado resulta un tanto enganoso, xa que Autos Cancela Zalaeta dominou no marcador en varias fases do partido, as nosas #loitadoras mantivéronse moi constantes ao longo do choque, moi concentradas e hipermotivadas polo público que se achegou a animalas e a gozar da contenda.
Por iso, hoxe é fácil recoñecer aos seguidores do Arenal Emeve pola rúa ou polo recinto feiral, nótasenos na cara. Hoxe lucimos un sorriso de orgullo lembrando os grandes momentos vividos onte.
HOXE É O DÍA LOCAL DO SORRISO PARA @S EMEVER@S
ARENAL EMEVE, GOZANDO XUNT@S !!!