Hoxe toca despedir a unha das nosas #loitadoras , Eliana González parte cara a terras afastadas. Desde o clube queremos desexarlle todo o mellor, tanto no profesional como no persoal.
Esperamos que leves tan bos recordos como nos deixas nestes anos; para nos será difícil esquecerte, pero aínda o será máis para @s teus nen@s que tanto te queren.
ELI, SEMPRE #UNHADASNOSAS !!!
Aquivos por Categoría: Liga Iberdrola
Volta ao traballo
Tras o parón estival volve a actividade deportiva ao noso clube.
Tal e como recolle hoxe El Progreso de Lugo , as nosas mozas xa se están exercitando pese a que faltan algunhas por chegar. E os mozos empezarán o próximo 2 de setembro coa súa preparación.
Este ano temos grandes obxectivos polo que a pretempada antóllasenos máis importante que nunca.
IMOS RAPAC@S !!! ESTA TEMPADA É NOSA !!
Aitana Fernández segue no clube.
La gallega Inés Rivas ficha por el Emevé.
INĖS RIVAS (
1998) chega para defender as nosas cores durante a próxima tempada.
Con experiencia en SF-2, sempre có Club Voleibol Zalaeta onde a última campaña quedou Campioa de Liga e xogou a fase de ascenso, ademais de disputar a Copa Princesa.
Asidua nas convocatorias da Selección Galega tanto en pista como en praia, un reforzo todoterreo que nos enche de ilusión.
DESEXANDO VERTE XA ENTRE NÓS, INĖS !!!
Lidia Figueira, ficha polo Emevé de SF2.
LIDIA FIGU
EIRA (2004) chega a Lugo para seguir impulsando a súa meteórica carreira.
Asidua ás convocatorias de Base da Selección Española, Lidia formará parte do noso primeiro equipo estando aínda en categoría Cadete. Toda unha aposta de futuro que xa é unha realidade.
A LOITADORA DO BARBANZA XA ESTÁ AQUÍ !!
Sarra Urrea ficha polo Emevé.
SARA URREA
@saraurrea_ (2001), mocidade, ilusión e calidade, acepta o reto do Emevé e incorpórase ao noso plantel para reforzar o posto de Receptora. Sara conta, a pesar da súa mocidade, cunha ampla experiencia deportiva, tanto a nivel de clubs como coa Selección Española. Coa Selección disputou Torneos e Competicións Europeas. A nivel club xa é Subcampioa de Superliga, Subcampioa da Copa da Raíña e Subcampioa da Supercopa, ademais de participar en competición Europea a pasada tempada co seu anterior club.
BENVIDA SARA !!!


