Arenal patrocinador ao Emevé 2019-2020

Rafa Marzán, Director Xeral de ArenalPerfumerías e Bibí Bouza, Presidenta do CV Emeve asinan o convenio polo cal Arenal para a ser patrocinador principal do noso club.
Ambas as entidades con ADN 100% lucense únense para dar a coñecer o voley, o club e a cidade de Lugo. Desde hoxe empeza a andar o ARENAL EMEVÉ, un proxecto que enche a de ilusión a ambas as partes e que sen dúbida será beneficioso para a nosa cidade.
GRAZAS ARENAL POR EMPEZAR ESTE CAMIÑO DA MAN!!!

Autoescola Lucus e Emevé.

A Autoescola Lucus e o C.V. Emevé asinan un convenio de colaboración do que poderán beneficiarse tod@s aquel@s que sexan abonad@s ou xogador@s do noso clube.
Todas aquelas persoas que desexen sacarse o carné e cumpran estes requisitos atoparán na Autoescola Lucus a mellor das súas opcións grazas ás seguintes vantaxes:
– 10% DTO en Matrícula e Teórica
– 3 prácticas gratis en Permiso B
– 2 prácticas gratis en circuíto en Permiso de Moto.
(Descontos non acumulables a outras ofertas)

AUTOESCOLA LUCUS CONDÚCENOS ÓS NOSOS SOÑOS!!!

Atopa Autoescola Lucus na Praza Mártires de Carral n 16 (antiga Praza Comandante Manso)

Manuel Blanco, en su nueva etapa sigue en el Emevé.

MANUEL BLANCO empeza unha nova etapa no noso clube e na súa vida.
Tras retirarse das pistas como xogador, o noso capitán entra a formar parte do noso cadro técnico. Manuel terá un importante papel no equipo de SF-2, pero tamén se encargará da formación dalgún equipo da nosa #policanteira.
Sen dúbida, un activo demasiado importante para permitir que abandonase o volei sen máis.
POR ESTA NOVA ETAPA !! POR MANUEL !! 🥂🥂🥂bol1(1)

Tea Andric volve ao Emevé.

TEA ANDRIĆ (1992) regresa a Lugo para incorporarse aos adestramentos coas súas compañeiras de SF-2.
A receptora croata volverá ser peza crave para alcanzar os nosos obxectivos para esta nova tempada. Queremos agradecer a Tea o seu interese e o seu esforzo para estar novamente entre nós, demostrando que cando duas partes queren entenderse non hai escollo que as separe.
A SUPER-GUERREIRA DOS BALCÁNS XA ESTÁ AQUÍ !!!

María Aguiar, moita sorte.

É unha magoa para nós anunciar que MARÍA AGUIAR decide non seguir na disciplina do CV Emevé, para aceptar novos retos laborais. María, grazas pola túa profesionalidade e entrega en toda a túa vida no club; e moita sorte en todo o que fagas, tanto a nivel profesional como persoal.
Nin que dicir ten que esta sempre será a túa casa, porque hai lazos que non rompen xamais e o noso é dos máis fortes.
MOITA SORTE, MARÍA!!! 🍀🍀