Lucía Prol no septeto ideal da Liga Iberdrola

ENTRADA NO 7 IDEAL

Novo partido, primeira vitoria e primeira entrada no “Mellor Equipo da Xornada”.
Lucía Prol cóase entre as 7 mellores xogadores da xornada, tras acabala entre as “Mellores Atacantes” e “Máximas Anotadoras”.
Tamén sobresaliente a actuación de Cassie Bujan como segunda “Mellor Libero”, e do resto do grupo nun partido épico e digno de ser lembrado.
PARABÉNS MOZAS  !!

Primeria Victoria do Arenal Emevé SVF

Primeira vitoria das nosas #loitadoras, onte no Municipal, contra un dos ósos duros da categoría. Vitoria que nos dá ánimo para seguir loitando, leste é o camiño.
Pola súa banda, os nosos #loitadores non puideron traer a vitoria de Mallorca contra un rival que se mostrou moi superior durante case todo o partido.
Podes ler as crónicas completas no Progreso de Lugo @ elprogresodelugo , o teu diario de sempre.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

O aforo do Pavillón Municipal mais restrixido.

A nova redución de aforo ( 30 persoas ) fai que teñamos que facelo así.
O Club Arenal Emeve con esta cifra, non pode cubrir as peticións dos socios do noso club, pois só poderiamos cubrir con elas as entradas protocolarias obrigatorias e as pertinentes de seguridade COVID e organización.
Grazas polo voso entendemento e colaboración, desexamos que, moi pronto, tod@s podamos gozar do noso equipo…
Durante os próximos días trataremos de conseguir que o noso protocolo reciba a luz de verde de Saúde Publica para aumentar o aforo ao máximo posible permitido nestes momentos.
Síguenos na retransmisión con “Os Rubenes” na nosa canle de Youtube.
Learana de novo???
RRSS Team!!! A Cabeza non para!!!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

SVF Arenal Emevé- Avarca de Menorca

Regresa a Liga Iberdrola ao Municipal e regresa con restricións polo Covid.
Novamente o aforo estará limitado a 60 persoas; polo que procederemos, como a semana pasada, a sortear as entradas entre as persoas que así o soliciten.
Lembra, para poder participar:
– Debes ser SOCI@ do club nesta tempada.
– Envía un mail solicitando as túas entradas a emevelugo@yahoo.es ANTES do próximo XOVES ás 12:00.
– No correo debes indicar todas as persoas que desexan asistir (@s neno@s tamén, porque tamén contan para o aforo máximo)
– No correo debes identificar a tod@s @s solicitantes con NOME, APELIDOS, DNI E N° DE TELÉFONO (en caso de nen@s indicar o teléfono dun dos seus pais).
– Tod@s aqueles que non envíen o correo en FORMA e PRAZO NON poderán entrar no sorteo das entradas.
Novamente queremos dar GRAZAS pola COMPRENSIÓN e o APOIO recibidos, do mesmo xeito que reiteramos as nosas máis sinceras DESCULPAS por esta SITUACIÓN totalmente ALLEA ao CLUB.
Se tod@s poñemos un pouco de sentidiño, pronto acabaremos con esta nova “anormalidade”.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA