Arenal Emevé: Cassie Bujan

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Cassie Bujan”
ARGUMENTO: Ano 2077, Cassie descobre que é unha superatleta creada para sobresaír en calquera deporte. Como tal está equipada con implantes cibernéticos e un traxe biosintético que lle proporcionan distintas habilidades (máis forza, reflexos felinos, supervelocidade…). Tras dubidar entre os seus dúas grandes paixóns, o fútbol e o voleibol, decídese por este último e empeza a brillar.
Sen saber moi ben cómo, Cassie métese nunha máquina do tempo que a leva ao ano 2020 e a unha cidade do Noroeste español. Alí decide unirse ao seu equipo de volei, onde aproveitará todas os seus superhabilidades para axudar ás súas compañeiras #loitadoras a converterse nun dos mellores equipos xamais vistos no seu tempo.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

Cassandra (Cassie) Bujan. Arenal Emevé.

( Líbero, 1996) Xa é oficialmente una das nosas #loitadoras.
En palabras do noso Director Deportivo, Juan Villar: “a Internacional canadense é unha xogadora nova aínda que con gran experiencia. Coa súa fichaxe téntase dar un salto de calidade na defensa do equipo, será a encargada de dirixir todo o noso xogo defensivo, toda a nosa recepción. Tennos que dar a pausa e a calma que necesita o noso equipo, que peca un pouco de mocidade e pode poñerse nervioso neste tipo de xogadas”.
Un reforzo de luxo que dará un punto máis de espectacularidade ao noso xogo e que, a non seguro, depararanos momentos inesquecibles.
Benvida Cassie, goza e fainos gozar!!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

Arenal Emevé: Razvan Tarta

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Razvan Tarta”
ARGUMENTO: Razvan, é un xogador de voleibol que é recrutado polo Arenal Emevé para combater as múltiples ameazas que emerxe na Superliga Masculina de Voleibol. Razvan está acompañado dun importante grupo de #loitadores, un dos máis importantes na historia de Lugo, xuntos tentarán alcanzar os máis altos obxectivos xamais soñados.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

Razvan Tarta ao Arenal Emevé

RAZVAN TARTA aterra en Lugo para reforzar o plantel de Superliga.
O polifacético xogador andaluz, tras gañalo todo polo sur de España, aposta polo noso club para seguir medrando profesionalmente.
Benvido ao teu novo club, benvido á túa nova casa!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

Arenal Emevé: Vic Thor Bouza

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
” VicThor Bouza”
ARGUMENTO: Unha tempada máis, os máis rudos equipos da Superliga Masculina de Voleibol regresan ao Municipal para cumprir os seus plans destrutores. VicThor debe enfrontarse a rival tras rival, algúns realmente parecen imposibles de deter e, desesperado, solicitará a axuda de todos os seus compañeiros #loitadores.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Víctor Bouza renova có Arenal Emevé

VICTOR BOUZA, Receptor (1990) seguirá sendo un dos nosos #loitadores.
Cando anunciamos a súa renovación a pasada tempada aventurámonos a dicir: ” Xuntos voaremos”. E vaia se voamos. Víctor converteuse nun dos xogadores máis asiduos ao “7 ideal da Xornada”; e o Arenal Emevé fraguou a súa mellor tempada en Superliga, clasificándonos para xogar a Copa do Rei e para os PlayOff polo título, se o
👑virus non interrompese a tempada.
Esta tempada, se o “bicho” o permite, voaremos xuntos novamente cara novos horizontes.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA