Javi Dovale, renova có Arenal Emevé

JAVI DOVALE será o encargado de que @s nos@s #loitadores e #loitadoras estean fisicamente ao 200%. O bo traballo realizado por Javi a pasada tempada viuse reflectido nos resultados obtidos, por iso repetirá como Preparador Físico en ambos os equipos de Superliga, colaborarando tamén coa nosa #policanteira.
Benvido de novo Javi
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Arenal Emevé: Javi García

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Javi García”
ARGUMENTO: Javi é un mozo xogador de voleibol, un #loitador das pistas. Esta historia narra como Javi, a pesar de numerosos contratempos e lesións, vaise convertendo nun xogador cada vez máis importante, sendo o azoute de cada pavillón que visita na Superliga Masculina de Voleibol. Javi irá medrando e gañándose un nome entre os seus inimigos e, coa axuda dos seus compañeiros #loitadores, chegará a converterse no indiscutible Rey das pistas.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Canteirás e loitadoras

Novamente, o noso equipo de Superliga, estará reforzado polas nosas xuvenís.
Un luxo para o equipo poder contar con estes tres reforzos, e un luxo para estas tres canteirás poder gozar outro ano máis da competición na máxima categoría do voleibol español.
Aproveitade a oportunidade e gozade da experiencia, aínda que o pareza, isto non é o habitual.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

De canteiráns a loitadores

Nun club como o noso calquera éxito sería incompleto se non conseguísemos que os nosos canteiráns chegasen todos ó máis alto.
É un pracer anunciar que estes cinco xogadores lucenses do noso equipo xuvenil acompañarannos esta tempada na nosa nova aventura na Superliga Masculina de Voleibol.
Unha gran oportunidade para seguir medrando como deportistas, adestrando e xogando con xogadores do máis alto nivel.
Aproveitade e gozade moito, merecédelo.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

Arenal Emevé: Natasha Valente

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Natasha Valente”
ARGUMENTO: Natasha, unha moza brasileira que aparentemente leva unha vida fácil e alegre como xogadora de volei de éxito no seu país, coñece ao Arenal Emevé, un pequeno club de volei lucense, e as súas vidas cambian para sempre. O club enfróntase a outros clubs adiñeirados da Superliga Española mentres persegue o seu soño de converterse en campión. Pola súa banda, ela vive obsesionada con poder levar unha vida infestada de éxitos deportivos e novos titulos. Tras coñecerse, xa nada será igual.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

Natasha Valente ficha polo Arenal Emevé

NATASHA VALENTE (Oposta, 1989) será unha das nosas #loitadoras a próxima tempada.

Tras xogar nos mellores clubs de Brasil e gañar os Campionatos Paulista e Carioca, representar ao seu país na Selección Brasileira de Volei Praia e vivir a pasada tempada a súa primeira experiencia europea no NIS Spartak da Superliga Serbia, chega ao noso club para aportar a súa experiencia e a súa polivalencia.
Natasha é un xogadora determinante na rede, tanto en ataque como en bloqueo, pero que tamén demostrou ser unha gran receptora. Todo un comodín para Jose Valle, que suma así unha nova internacional ao seu plantel.
Benvida Natasha, esta é a túa casa.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA