Aquivos por Categoría: Novas
Arenal Emevé: Mario Dovale
Arenal Emevé: Carolina Camino
O regreso de Iago Folgueira
Arenal Emevé: Carla Jiménez
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé” Carla Jiménez”
ARGUMENTO: Tras medrar e formarse nunha illa paradisíaca chamada “Concentración Permanente”, Carla, xunto con algunhas compañeiras, decide abandonar a illa e poñer rumbo a Lugo.
Alí unirase a un grupo de #loitadoras que necesita os seus poderes para sobrevivir no seu novo desafío, a Superliga Feminina de Voleibol.
Únete a Carla nesta nova aventura en 3D.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Arenal Emevé: Uchenna Ofoha
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: Uchenna Ofoha”
ARGUMENTO: Ano 2020, Uchenna Ofoha chega a unha pequena cidade de interior do noroeste español para xogar no seu equipo de voleibol. Cando chega dáse conta de que @s habitantes da cidade, e @s que levan un tempo nela, posúen unhas calidades sobrenaturais. Tras investigar os motivos dáse conta de que todo se debe a unha serie de pócimas, ás que os aldeáns chaman licor café, oruxo ou augardente de herbas, e que lles proporcionan certos superpoderes.
Uchenna e os seus compañeiros #loitadores formarán un fantástico grupo e aproveitarán as súas novas habilidades para cegar na Superliga Masculina de Voleibol e facer as delicias dos seus afeccionados.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA


