Campus Voley Entrenós

🏐 Regala un Campus❗️🏐
Tras unha semana coas inscricións abertas, é emocionante  contar xa coa vosa participación: Lugo,  Monforte de Lemos e tamén San Cibrao.
Orgullosos de contar coa vosa confianza.

A mascota do Arenal Emevé

O REGRESO DO RAPOSO
Xa puidemos velo o día da presentación dos nosos equipos. 

Debemos dar grazas a “A Escola de Ana” e ao “Hospital Veterinario Ciudad de Lugo” o poder contar con esta nova mascota e en perfecto estado de saúde.
BENVENID@ Á FAMILIA AMIG@ !!

Día Internacional das Persoas con dis CAPACIDADE.

Hoxe é o “Día Internacional das Persoas con disCAPACIDADE”, aínda que para nós é o Día Internacional das Persoas con SUPERCAPACIDADES.
Grazas ao noso proxecto co ARENAL EMEVÉ LA CAIXA, temos a oportunidade de traballar con est@s auténtic@s superheroes, persoas doutra pasta que nos demostran que se lles falta algunha capacidade, que para o resto do mundo, é normal; el@s súpleno con outras SUPERCAPACIDADES dificilmente alcanzables para o resto de persoas.
Quédanos moito por aprender, se tod@s fósemos como el@s o mundo sería un lugar moito mellor.
Como dicía David Sant: “A xente que desprende luz non crea sombra”
VAI POR VÓS CAMPIÓNS E CAMPIONAS!!