María R Sanjurjo, outra tempada no Emevé.

Maria Rguez Sanjurjo , a xoven Colocadora monfortina (2000) afronta a súa segunda tempada entre nós.

Habitual nas categorías inferiores e na Concentración Permanente da Selección Española, será unha peza crave no noso plantel.

Xuventude, ilusión e crecemento constante son os seus acenos de identidade.

IMOS MARÍA !!!

Felipe Hernández Colocador para SVM

FELIPE De Mello HERNÁNDEZ, Colocador brasileiro procedente do Sporting Club das Caldas (Portugal) reforza o noso plantel de Superliga Masculina.

A pesar da súa mocidade (1994) posúe un dilatado currículo tanto a nivel de clubs como nas Categorías de Base da Selección Brasileira, sendo Sub-Campión do Mundo U21 en Turquía e Campión Panamericano U23 en Canadá.

BEM- VINDO FELIPE!!!

Proxecto VoleyIN

Hoxe rematamos un proxecto de Voleibol inclusivo en colaboración coas asociacións: Adace, Cogami, Auxilia e Raiolas. Difícil describir a ilusión que todos aportamos e que, creo, fomos quen de transmitir. Hoxe, como colofón a estes meses, nos que dabamos os primerios pasos, contamos coa visita do equipo VoleyIn de Boiro nunha xornada de confraternización. Gracias polo esforzo de vir ata Lugo a xogar connosco e, gracias a Ana Abelleira e a Sonsoles López por facer un oco na súa apretadísima axenda e despedir esta actividade que, confiamos, podamos comenzar, de novo, en Novembro.