Conta atrás!!

FALTAN 72 HORAS Sábado 07/09/2019 11:00 horas
Algo moi grande está a piques de chegar, algo que pode cambiar ao CV EMEVÉ tal e como o coñecemos.
Quizais o acontecemento máis importante na historia do club desde a súa creación.
¿Sentes emoción, intriga, dor de barriga?
Realiza connosco esta conta atrás e comenta o que crees que vai pasar, deixa voar a túa imaxinación.
IMAXINA O EMEVÉ QUE QUERES !!!

Xornadas de Portas abertas no Emevé. Anímate e ven!

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS ¿XOGAS AO VOLEI CON NÓS?
A partir do próximo venres 13 de Setembro, e nos días sucesivos, celebraremos novamente as nosas xornadas de portas abertas. Tod@s @s nen@s que o desexen poden probar as bondades deste precioso deporte sen ningún tipo de compromiso.
Quen sabe? Se cadra descubrimos ao novo #rafapascual ou á nova @anaescamilla10 .
Máis información no teléfono 600 406 299, no mail correo@emeve.com ou pásate polo “poli” o 13 ás 18:00, alí estaremos para recibirte cos brazos abertos.
XOGA VOLEIBOL…XOGA CO EMEVÉ!!!

Feliz día de Galicia.

📅 25 JULIO 📅

Día do orgullo galego.
Día de mirar ao pasado e repasar a nosa historia.
Día de mirar ao futuro con esperanza.
Día de gozar da nosa cultura, a nosa lingua e os nosos costumes.
DÍA DE GALICIA !!!!!

Matthew Knigge, fichaxe do Emevé SVM.

Empezamos esta nova semana con forza. Directamente de EEUU, chega ao noso club MATTHEW KNIGGE (1996). O poderoso Central americano, cos seus 202 cm, chega para reforzar unha posición crave.
Xogador de gran envergadura, gran potencia de salto e remate poderoso.
Puro espectáculo este ano no Municipal.
GO MATTHEW, GO !!!