Hoxe é un día triste para a familia do Arenal Emevé. Despedimos a Mercedes Pardo, que durante anos foi moito máis que a coordinadora do noso programa académico. Foi unha guía, un apoio imprescindible para tantos xogadores e xogadoras que compatibilizaron os seus estudos coa súa paixón polo voleibol.
Sempre estivo aí, facendo que as cousas funcionasen, axudando a quen o precisase e impulsando cada proxecto do club. A súa colaboración foi decisiva en eventos como a Copa da Raíña ou os campionatos de España de base, sempre cun compromiso inquebrantable e sen buscar protagonismo.
O seu legado queda en cada estudante ao que axudou, en cada persoa á que apoiou. E, sobre todo, na lembranza de quen tivemos a sorte de compartilo con ela.
VICTOR COSTA é o MVP MG da Xornada 17 da #svmvb2425 Parabéns Victor!!!
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’.
ACEPTAR