Mario Dovale internacional coa Selección Española.

Cando un dos nosos #loitadores se une aos #RedLinxes , ademais dun recoñecemento persoal tamén o asumimos como un éxito de club. O esforzo individual sempre repercute no común, e á viceversa.
Mario Dovale fainos sentir máis que orgullos@s, e alcanza a gloria sendo convocado para disputar o PreEuropeo coa Selección Española.
A partir do luns día 13 Mario concéntrase cos RedLinxes para preparar os seus próximos compromisos a partir do día 17, coa vista posta no Campionato de Europa.
GÓZAO MARIO!!! 👏👏👏

Selección española Sub-20. Pablo Villar e Anier Mariño

OS MOZOS DE OURO
Desde o pasado día 11 e ata onte 16, os nosos #loitadores Pablo Villar e Anier Mariño, gozaron da concentración da Selección Española Sub-20.
Esta Concentración tiña como obxectivo preparar o Campionato de Europa Sub-20 que se disputará este ano en lle República Checa.
Grazas mozos, porque non podiamos ter mellor representación na Selección, esperamos que gozásedes moito desta experiencia.
ARENAL EMEVÉ NA SELECCIÓN!!
🔴🔵🏐💪

Pablo Villar á selección española Sub-20

PABLO VILLAR Á SELECCIÓN
Gran noticia a chamada da Selección Española Sub-20 a Pablo Villar para incorporarse á concentración que terá lugar en Palencia entre o 11 e o 16 de Febreiro.
Esta concentración servirá como preparación para o Campionato de Europa Sub-20 que se disputará na República Checa este ano.
PARABÉNS PABLO, MERÉCELO!!


 

Candela López Méndez

⚠️ÚLTIMA NOTICIA DO ANO⚠️
Candela López Mendez oficialmente estará no Torneo Internacional Wevza U17 Feminino de Portugal e debutará oficialmente como internacional con ESPAÑA!!!!!!!!!!!
O torneo, que terá lugar entre o 7 e o 11 de Xaneiro, terá a súa sede en Viana do Castelo; polo que nos colle moi preto aos amantes do volei de calidade, ao que estamos afeitos por estas terras.
Candela é unha das doce elixidas entre as compoñentes da Concentración Permanente da Selección Española en Soria e tod@s esperamos con gran expectación o seu debut.
Como diría o pai da seleccionada:
“Isto recentemente empeza. OURO!!”
IMOS CANDE, ESTAMOS CONTIGO!!

Candela López. Convocada coa selección española sub 16.

NOVO ÉXITO PARA A NOSA CANTEIRA
Hoxe pola mañá, tras os éxitos dos nosos primeiros equipos onte pola tarde, preguntabámosnos: ¿Que máis se pode pedir? Pois xa temos a resposta:
CANDELA LÓPEZ convocada coa Selección Española de Voleibol para a concentración que terá lugar estás nadal, e que servirá de preparación para o Europeo Sub-17 que terá lugar en Viana do Castelo entre o 7 e o 11 de Xaneiro.
Un novo éxito para Candela, pero tamén o tomamos como un éxito propio, sempre é unha honra que @s nos@s peques cheguen ó máis alto .
GRANDE CANDELA, SEGUE ASÍ 👏👏 !!

Candala López 2005 de novo, convocada coa Selección Española U15.

CANDELA LÓPEZ novamente convocada coa Selección Española, esta vez coa U15.
Desde o día 21 e ata o próximo 28 Candela goza destes días coas súas compañeiras de Selección en Guadalaxara.
Unha nova oportunidade para seguir aprendendo, progresando e , sobre todo, gozando.
Dende o Clube só podemos mostrar o noso orgullo e agradecer a Candela o seu esforzo e dedicación; igualmente queremos dar grazas aos seus adestradores, grandes artífices do seu éxito.
IMOS CANDE, SEGUE ASÍ !!!