SVM Urbia Voley Palma-Arenal Emevé

NOVA VIAXE A PALMA
Tras visitar Palma de Mallorca coa escusa da Copa Princesa volvemos , esta vez para disputar o partido de SVM que enfrontará aos nosos #loitadores contra Urbia Voley Palma.
Como eles mesmos aseguran, sorprendémolos no partido disputado no Municipal, pero agora o factor sorpresa xa non existe. A nosa estratexia para este partido é traballo, traballo e máis traballo.
O vindeiro sábado 18 ás 19:00 vémonos as caras cun dos grandes equipos da Superliga.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S !!

Agasallo de Reis: Matt Knigge, outra vez MVP da xornada número 12.

El central de Arenal Emevé Matthew Knigge logra su segundo galardón de MVP de la jornada tras su gran 

actuación en la victoria del conjunto lucense en la pista de Textil Santanderina para mantener su cuarta posición en la clasificación de la máxima categoría nacional. 
El norteamericano sumó 22 puntos, con 3 puntos directos de saque y 3 bloqueos, junto a un excepcional  73% de acierto en remate en los 22 ataques realizados, para cuajar una sensacional actuación.  (Fuente: RFEVB)

Sorte dispar para @s loitador@s do Arenal Emevé

Na previa do día do ano onde máis se busca a sorte, esta foi dispar para os nosos equipos. Mentres nosas #loitadoras se impoñían con solvencia a Autos Cancela Zalaeta, os nosos #loitadores pechaban con derrota a súa primeira volta nesta SVM.
Podedes ver as crónicas dos partidos en El Progreso de Lugo.
Que a sorte vos acompañe hoxe a tod@s, e senón, lembrade que mañá é o día da saúde.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!