All Star SVM: Tres convocados do Arenal Emevé

ATENTOS Ó ALL STAR
Tod@s @s afeccionad@s ao volei temos unha cita o 28 de Decembro ( e non é unha inocentada) ás 20:00 no ALL STAR da SVM. Un encontro que se disputará en Valladolid e onde se darán cita os mellores xogadores da liga, ata o momento. Un encontro onde tamén haberá representantes do ARENAL EMEVÉ.
VICTOR BOUZA e MATT KNIGGE serán os que se encarguen de deixar o noso pavillón ben alto, nun equipo adestrado por Miguel Rivera (CV Teruel) con DIEGO TABOADA como 2° adestrador. Este partido poderá verse por Teledeporte e por streaming, e será a gran festa do volei nacional masculino.
ARENAL EMEVÉ, A POR TODAS !!!
🔴🔵🏐💪

Matt Knigge MVP da xornada da SVM e Víctor Bouza no septeto ideal.

PRIMEIRO MVP DA TEMPADA
As nosas #loitadoras xa tiñan o seu primeiro MVP, agora é o momento do primeiro MVP masculino. Esta honra recae en MATT KNIGGE, na súa terceira inclusión no 7 Ideal da Xornada faino como MVP da xornada. Un recoñecemento máis que merecido e que fai xustiza á gran tempada que Matt está a realizar.
Só podemos, e debemos, pedirvos que sigades así moz@s, o esforzo lévanos ao éxito.
FELICIDADES MATT, ES UN CRACK!!

Tarde de gloria no Municipal de Lugo

OUTRA TARDE DE GLORIA NO MUNICIPAL
Volta á senda da vitoria para os dous equipos nunha tarde na que o Municipal volveu empuxar cando foi necesario.
Ao final, e grazas ao voso apoio, a verbena galega impúxose á festa ibicenca, e a muiñeira venceu ao chotis.
Podedes ver as crónicas de ambos os partidos en El Progreso de Lugo.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!

Tarde de Voley Sábado 30 Novembro

TARDE DE VOLEI NO MUNICIPAL

 Sábado 30 de Novembro
Pavillón Municipal de Deportes
17:30 Arenal Emevé SVM 🆚️ Ushuaïa Ibiza
20:00 Arenal Emevé SF-2 🆚️ VP Madrid

Nova tarde intensa de volei do máis alto nivel no Municipal, unha tarde na que imos necesitar de todos os vosos folgos para volver á senda da vitoria ante dous rivais moi complicados.
Non nos falledes, necesitámosvos!!
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!