Re-COMENDO

😋 RE- COMENDO EMEVÉ 😋

¿Sabedes que facer este fin de semana sen voley no Municipal?
¿Sabedes aquel dito?: “E para comer Lugo”
Pois xa tedes plan, pasear pola nosa preciosa cidade e gozar da súa gastronomía e o seu lecer. A única elección será por onde empezar.
Para facilitarvos un pouco o dilema recomendarémosvos 5 locais hoxe e outros 5 mañá.
As recomendacións de hoxe son:
– Petisco
– O Figón
– Maty’ s Café
– Parrillada Restaurante Porta Santiago
– Parrillada Abel
Todos excelentes e todos colaboradores do noso Club.
A ELECCIÓN NA QUE SEMPRE ACERTARÁS !!!

[button link=”https://www.instagram.com/p/B4nVkmvqaV6/” style=”info” bg_color=”#045FB4″ window=”yes”]ReComendo[/button][button link=”https://www.instagram.com/p/B4k9airiAY0/” style=”info” bg_color=”#086A87″ window=”yes”]ReComendo[/button]

Matt Knigge, de novo no septeto idel da SVM.

NOVA ENTRADA NO 7 IDEAL
Xa avisamos a semana pasada, se @s nos@s xogador@s seguían coa mesma intensidade non sería a última vez que entrarían no 7 ideal da xornada. Unha semana despois xa temos aquí a proba; grazas ao partidazo que se marcou todo o equipo para conseguir a primeira vitoria lonxe do noso feudo, Matthew KNIGGE volve ser elixido como o mellor central desta xornada.
PARABÉNS MATT, A POLA SEGUINTE !!!

[button link=”https://www.instagram.com/p/B4fl18jKfPN/” style=”info” bg_color=”#045FB4″ window=”yes”]Instagram[/button]

Matthew Knigge. Septeto idela SVM.

Por primeira vez esta tempada temos a un dos nosos loitadores no “7 IDEAL DA SUPERLIGA DE VOLEIBOL MASCULINO”,o noso central MATTHEW KNIGGE foi o mellor da pasada xornada na súa posición, o que lle vale para entrar no equipo ideal da semana. Un éxito para Matt, pero tamén para os seus compañeiros de equipo e para toda a xente que o pasado sábado estaba no Municipal levando polo aire ao equipo cara á vitoria e a Matt cara a este merecido recoñecemento.
Estamos seguros de que, se tod@s seguimos con esta intensidade, non será a última vez que os nosos xogadores reciban este recoñecemento.
FELICIDADES MATT, SEGUE ASÍ 👏👏👏👏👏👏