Pablo Villar á selección española Sub-20

PABLO VILLAR Á SELECCIÓN
Gran noticia a chamada da Selección Española Sub-20 a Pablo Villar para incorporarse á concentración que terá lugar en Palencia entre o 11 e o 16 de Febreiro.
Esta concentración servirá como preparación para o Campionato de Europa Sub-20 que se disputará na República Checa este ano.
PARABÉNS PABLO, MERÉCELO!!


 

Carolina Camino e Anier Mariño: agasallos para Arenal Emevé.

Este ano Papá Noel 🎅 deixounos os nosos agasallos cun día de antelación.
Que mellor agasallo que a incorporación de Carolina Camino e Anier Mariño. Ambos chegarán de Ribeira Sacra e do CV Korbis, respectivamente, tras pasar pola Permanente da Selección Española.
Dúas incorporacións de luxo para seguir medrando e completando os nosos planteis.
Aquí podedes ver o vídeo da presentación, que tivo lugar hoxe no local de Perfumerías Arenal do C.C. As Termas.
Como veredes os nervios estaban a flor de pel xa que todas as partes sabían da transcendencia deste momento, agora xa máis relaxad@s só podemos dicirvos:
BENVENID@S Á FAMILIA ARENAL EMEVÉ!!

A tarde soñada

A TARDE SOÑADA
Sen dúbida a tarde de onte é das que dan sentido ao esforzo e ao traballo realizado toda a tempada, e ano tras ano por tod@s @s que pertencemos á familia Arenal Emevé, desde patrocinadores, directivos, adestradores, xogadores e xogadoras, traballadores e voluntarios do club, ata os sufridos pais e nais, e @s nos@s peques (noso maior tesouro).
Unha tarde onde vivimos a emoción de ver desfilar o noso futuro, onde xogamos e gañamos dous espectaculares partidos de volei, onde nos deixamos contaxiar pola festa e onde sentimos máis unidos que nunca. Hoxe, máis que de resultados, toca falar de sentimentos. Os futuros resultados serán mellores ou peores, pero sabemos que sempre estaredes aí.
Desde o club queremos darvos as grazas a tod@s por propiciar e participar deste gran ambiente.
SEN VÓS NADA TERÍA SENTIDO

Galician Army se suma á festa do Arenal Emevé.

FESTA SEGURA NO MUNICIPAL CON GALICIAN ⭐ARMY
Que a tarde do sábado ía ser unha tarde inesquecible para os amantes do volei en Lugo era unha obviedade, pero coa confirmación destes craks a festa subirá moitísimo enteiros.
Como xa avanzamos a pasada noite na nosa Historia de Instragram, GALICIAN⭐ARMY serán os encargados de facer que o Municipal vibre en todos aqueles intres entre partidos.
Aproveitamos para lembrarvos a tod@s aquel@s que non sexades soci@s que PODEDES PASAR A RECOLLER AS VOSAS INVITACIÓNS, ENTRE HOXE E MAÑÁ, Á VOSA TENDA ARENAL MÁIS PRÓXIMA. Non vos esquezades, porque hai moitas máis sorpresas pero teredes que vir o sábado para descubrilas.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S !!!