Aquivos por Categoría: Xuvenil Masculino
Partidos Arenal Emevé finde 28-29 novembro 2020.
Arenal Emevé contra a violencia. Lugo en negro
Arenal Emevé. A canteira á Superliga1
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
“Arenal Emevé: A canteira á Superliga”
ARGUMENTO: Unha pequena cidade, un pequeno club de voleibol e unha serie de estrañas circunstancias manteñen intrigada a toda a comunidade do voleibol español.
Toda a comunidade únese para tentar desvelar os misterios que rodean ao Arenal Emevé de Lugo, ¿Como é posible que deste club desaparezan tantos mozos que aparecen posteriormente na Concentración Permanente da Selección Española? ¿Como é posible que esta pequena cidade sexa capaz de producir tal cantidade de canteiráns dun deporte minoritario? ¿Que fai que estes canteiráns rendan a tan alto nivel e cheguen a formar parte do primeiro equipo?
En resumo ¿Que estraño segredo envolve a canteira de “El Mejor Equipo de Voleibol de España”?
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
De canteiráns a loitadores
Nun club como o noso calquera éxito sería incompleto se non conseguísemos que os nosos canteiráns chegasen todos ó máis alto.
É un pracer anunciar que estes cinco xogadores lucenses do noso equipo xuvenil acompañarannos esta tempada na nosa nova aventura na Superliga Masculina de Voleibol.
Unha gran oportunidade para seguir medrando como deportistas, adestrando e xogando con xogadores do máis alto nivel.
Aproveitade e gozade moito, merecédelo.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
O colocador lucense, Pablo Villar segue no Arenal Emevé.
PABLO VILLAR (Colocador, 2002) seguirá unha tempada máis no noso primeiro plantel de Superliga Masculina.
Unha tempada na que, o colocador lucense, seguirá medrando como xogador ata converterse nun dos actores principais desta liga.
Espéranos un gran ano, Pablo!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA





