BENVIDO, VÍCTOR!

⚔️ NOVA INCORPORACIÓN. Víctor Seller chega ao Arenal Emevé para aportar equilibrio e seguridade na línea de atrás. Despois do seu paso polo CV Leganés, o receptor valenciano de 22 anos e 1,82 metros incorpórase ao conxunto lucense para reforzar unha posición na que destaca polo seu rendemento en recepción e defensa.

BENVIDO, DANI!

⚔️ NOVA INCORPORACIÓN. Dani Pena, colocador monfortino de 17 anos e 1,89 metros, incorpórase ao noso equipo de Superliga 2. O ex-xogador de Korbis chega ao Emevé tras completar a última tempada na Concentración Permanente da Federación Española de Voleibol en Palencia e acadar medalla de bronce no WEVZA U19 en Frankfurt.

BENVIDO, ANDREU!

⚔️ NOVA INCORPORACIÓN. Amilcar Abreu apúntase ao reto do Emevé despois de conquistar a Superliga 2. O receptor de 21 anos chega a Lugo despois de completar unha boa Tempada co SUAC Canarias, co que conseguiu o ascenso á máxima categoría.

BENVIDO, GREGORY!

⚔️ NOVA INCORPORACIÓN. Gregory Da Silva aporta potencial e experiencia internacional ao centro da rede do Emevé. O central brasileiro de 26 anos aterra en Lugo despois dunha ampla traxectoria con varios títulos no seu país e no vólei europeo.

A SEGUIR, BANDU!

Bandugu Fofana, segundo loitador anunciado para a tempada 26/27 da Superliga Masculina 2. O central de 20 anos continuará no Emevé tras un primeiro curso no que foi gañando protagonismo e mostrou unha notable evolución.