Kaitlyn Skinner

IMG-20141013-WA0009

Kaitlyn Skinner

Este Sábado día 11 de outubro, o equipo Emevé feminino debutaba na superliga 1.  En última instancia poidemos contar coa incorporación da xogadora canadiense Kailtyn Skinner quen logo de moita espera, moitos inconvintes cos papeis pero, ante todo, moita ilusión por vir xogar a Lugo, chegou a tempo para o partido contra o Extremadura Arroyo.

A aportación desta xogadora, logo de ter entrenado ás ordes de Jose Valle, unha soa sesión, non foi definitoria pero sí quedou clara a súa boa disposición.

A xogadora ten 22 anos e 1.87 de estatura.  Reforza o posto de central e confiamos en que tralos adestramentos desta semana, convírtase unha peza clave na rede.

Kaytlyn, benvida a Lugo a ao Emevé.

 

 

Los comentarios están cerrados.