PREVIO DO PARTIDO 2º XORNADA SUPERLIGA MASCULINO

O EMEVE XOGA ESTE SÁBADO EN LUGO CONTRA O COMPLICADO USHÜAIA VOLEIBOL DE EIVISSA.

O sábado, 18 de outubro, ás 18 horas celebrarase no Pavillón Municipal de Lugo, o encontro correspondente á segunda xornada da Superliga Masculina (SVM), entre o Emevé lucense e o Ushüaia Voleyde Eivissa.

O equipo lucense enfróntase este sábado a un dos equipos máis fortes da liga nacional de voleibol másculino. O equipo de Eivissa conseguiu o subcampionato da copa do Rei e o terceiro posto da liga a tempada pasada. Entre os xogadores dos visitantes destaca o “oposto” Nicolas Ronchi, que a xornada pasada foi nomeado como mellor xogador da xornada. Tamén conta cun novo “colocador”, que vén do equipo campión da liga pasada e substitúe un referente neste posto, Xavi Folguera, que fichou pola Andorra.
O Emevé sabe que terá que mostrar o seu mellor xogo para arreporlle ao Ushüaia, un equipo complicado, que en palabras do adestrador lucense, Diego Campelo, “é un equipo vainos custar moito xogar contra eles, o ano pasado foi case o equipo que máis dano nos fixo e que peor puidemos plantalo cara”.
As bazas do equipo local son xogar na casa e o novo equipo co que contan este ano.

Os comentarios están pechados.