Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

30/11/2014

O EMEVÉ NA PRENSA

Filed under: Novas — Etiquetas: , , , — admin @ 19:03

CRÓNICA DO DIARIO O PROGRESO DE LUGO

Fonte: Web O Progreso

Unha derrota cruel

810294

Web O Progreso

30/11/2014 – O Progreso (Lugo)
O Emevé feminino quedou co mel nos labios ante o Ucam Murcia, que lle superou por un apertado 2-3 na oitava xornada da Superliga feminina de voleibol. Con 13-13 no marcador, no quinto e definitivo set, un remate de Pepona Garrido botou sobre a liña, pero os árbitros consideraron que o balón marchou fóra. Con 13-14, as murcianas bloquearon un remate local e sentenciaron o partido ao seu favor.

17/10/2014

PREVIO PARTIDO 2ª XORNADA SUPERLIGA FEMENINA

Filed under: Novas — Etiquetas: , — admin @ 00:39

O EMEVE DESPRÁZASE A MENORCA PARA ENFRONTARSE AO AVARCA

O sábado, 18 de outubro, ás 19 horas celebrarase no Pavelló Municipal D’Esports de Ciutadella, o encontro correspondente á segunda xornada da Superliga Femeninaa (SVF), entre o equipo localAvarca Menorca e o Emevé lucense.

O equipo lucense desprázase a Menorca para enfrontarse a un dos mellores equipos da liga, polo que se espera que sexa un partido moi complicado. As de Menorca contan cun equipo moi completo en todas as súas filas, entre a súa aliñación contan con xogadoras internacionais, como a súa colocadora Danira Costa e a receptoraRaquel Brun, e exinternacionales, o cal o converten, xunto co resto das súas xogadoras nun equipo compacto e sen fisuras. A pesar diso, o adestrador do Emevé, José del Valle, espera «render a bo nivel e seguir progresando para poder asentarnos o antes posible nesta categoría e disputar con máis garantía de vitoria os partidos de rivais directos».

O equipo do Emevé desprázase con dez xogadoras: Sara Folgueira,Alicia Rodríguez, Carmen Carvajal, Lucia Prol, Laura Villasante,Kaitlyn Skinner, María Pena, Sara Araujo, Carmen Saa e Nerea Novo. Viaxa sen Pepo Garrido, que non pode acudir por motivos laborais. O seu obxectivo é render como no encontro da xornada anterior e seguir, pouco a pouco situándose nesta nova categoría.

ACTUALIZACIÓN DE NOVAS

Filed under: Novas — Etiquetas: , , , , — admin @ 00:22

A PRIMEIRA XORNADA DA SUPERLIGA NON FOI POSITIVA PARA OS EQUIPOS FEMININO E MASCULINO DO EMEVÉ

O novo equipo feminino arrepor á veteranía
Os rapaces tiñan todo ao seu favor pero non puideron dominar

Este fin de semana estreáronse os equipos masculino e feminino doEmevé na Superliga (máxima categoría do voleibol nacional) con senllas derrotas a pesar de haber realizados uns encontros nos que se podía esperar, tras os primeiros compases, as vitorias dos lucenses.

O equipo feminino debutou na casa ante un correúdo ExtremaduraRegueiro, que finalmente se levou a vitoria cun 0-3, no que a veteranía das estremeñas se impuxo á falta de rodaxe nesta categoría das lucenses. A pesar deste claro resultado os parciais (22-25, 25-27 e 24-26) demostran a clara igualdade nos tres sets, pero que no momento decisivo se inclinou facía a experiencia fronte áscuasi debutantes do Emevé, que mesmo aliñaron xogadoras de categorías inferiores (xuvenís e cadetes). Esta xornada debutou a nova xogadora do Emevé, a canadense Kaitlyn Skinner, que tan só puido adestrar o día anterior co seu equipo, pois a súa chegada foi a noite do xoves. Con esta xogadora, que terá o seu posto como central, o Emevé pretende achegar bloqueo e estatura ao equipo.

Pola súa banda os rapaces visitaron o Electrocash de Cáceres nunha xornada que comezou con expectativas moi positivas par os lucenses do Emevé. Nos tres primeiros o xogo foi moi disputado (22-25, 25-23 e 25-27), cun 2-1 para os lucenses. Foi no cuarto set onde o equipo lucense comezou a baixar o seu nivel de xogo cun parcial favorable aos estremeños de 25-15 e xa o quinto marcou a vitoria local por un claro 15-7.

Aliñación feminina

EMEVE: Laura Villasante, Alicia Rodríguez, Carmen Carvajal, Sara Folgueira, Lucía Prol, Kaitlyn Skinner, María Pena (libre). Pepo Garrido, Carmen Saa, Nerea Novo, María Rodríguez e Sara Araújo.
EXTREMADURA REGUEIRO: Beatriz Meléndez, Joana Rodríguez, Gala Clemente, Alba Pizarro, Jualiana Tiago, Helen Da Silva, Beatriz Gómez (libero). Branca Esquerdo.

Aliñación masculina

ELECTROCASH CÁCERES: Chao, Cano (libre), Acedo, Median, Do Rei,Muñoz, Ortiz, Rocha. Cale, González, Monteiro, Pereira, Costa, Péreze Gómez.
EMEVÉ: Pablo Gómez, Boris Rodríguez, Marcos Branco, Carlos López,Pablo Bujidos, Marco Zayas, Diego Valín (libre). Guillermo de Marcos,Adrián Román, Andrés Bujidos, Pablo Suárez, Bustos, Armesto,García, Marlon Palharini, Pérez, Rozas, Díaz-Romeral, Jacobo LópezRois.

23/07/2014

PEPO SIGUE EN EL EMEVÉ EN SFV.

Filed under: Novas — Etiquetas: , — admin @ 14:56
614973_259170004255817_267153086_o(1)

Foto de Diego Rodríguez

Jose Valle cuenta con la continuidad de María José Garrido, «Pepo», jugadora que será el referente del equipo, pues ya ha disputado varios años en esta SFV, consiguiendo importantes éxitos. Pepo aportará veteranía al joven grupo cuya experiencia o ha sido más que fundamental para todo lo conseguido por las jóvenes de Lugo. La jugadora de O Courel intentará compaginar su trabajo con la vida deportiva.

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies