Mario Dovale internacional coa Selección Española.

Cando un dos nosos #loitadores se une aos #RedLinxes , ademais dun recoñecemento persoal tamén o asumimos como un éxito de club. O esforzo individual sempre repercute no común, e á viceversa.
Mario Dovale fainos sentir máis que orgullos@s, e alcanza a gloria sendo convocado para disputar o PreEuropeo coa Selección Española.
A partir do luns día 13 Mario concéntrase cos RedLinxes para preparar os seus próximos compromisos a partir do día 17, coa vista posta no Campionato de Europa.
GÓZAO MARIO!!! 👏👏👏

Los comentarios están cerrados.