Arenal Emevé: Uchenna Ofoha

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
«Arenal Emevé: Uchenna Ofoha»
ARGUMENTO: Ano 2020, Uchenna Ofoha chega a unha pequena cidade de interior do noroeste español para xogar no seu equipo de voleibol. Cando chega dáse conta de que @s habitantes da cidade, e @s que levan un tempo nela, posúen unhas calidades sobrenaturais. Tras investigar os motivos dáse conta de que todo se debe a unha serie de pócimas, ás que os aldeáns chaman licor café, oruxo ou augardente de herbas, e que lles proporcionan certos superpoderes.
Uchenna e os seus compañeiros #loitadores formarán un fantástico grupo e aproveitarán as súas novas habilidades para cegar na Superliga Masculina de Voleibol e facer as delicias dos seus afeccionados.
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Una respuesta a «Arenal Emevé: Uchenna Ofoha»

  1. Pingback: Arenal Emevé: Uchenna Ofoha – Deporte Galicia