JUANFRAN FRIAS
Talento e experiencia para o centro da muralla dos #loitadores
A pesar da súa mocidade, 23 anos, Juanfran atesoura unha dilatada experiencia en equipos de Superliga.
Benvido Juanfran!! 
Arquivos do autor: admin
Patricia Aranda, xogadora do Arenal Emevé
A sede central de Arenal Perfumerías en Lugo foi o lugar elixido para a presentación da estrela do volei español Patricia Aranda.
Nun acto no que estivo acompañada por Rubén López, Manager Xeral do Arenal Emevé, e por Rafa Marzán, CEO de Arenal Perfumerías; Patricia adiantou a súa intención de meter ao equipo nas Finais de Copa e Superliga Feminina.
Coa súa experiencia e calidade, e rodeada dalgunhas das súas compañeiras de Selección Española e doutras xogadoras novas cun enorme potencial, Patricia dispoñerá de moitos ingredientes para cociñar unha tempada histórica para este club.
Benvida á túa nova casa, á túa nova familia !! 🙌
CESA, éxito do Volei galego.
Éxito do Volei galego e da Federación Galega de Voleibol no CESA celebrado estes días en Valladolid.
Final e medalla de prata 🥈para @s cadetes, tanto en categoría Masculina como Feminina.
Noraboa a tod@s !! E en especial @s nos@s #loitadores e #loitadoras 🙌🙌🙌
Noraboa tamén para o infantil masculino que se alzou coa 4a posición e o infantil feminino que acadou a 10a posición.


