Sayre Mayser Gran Canaria ![]()
ARENAL EMEVÉ
Volvemos á loita
Goza do partido das nosas
loitadoras , domingo ás 13:30, na dirección que facilitará o conxunto local.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Arquivos do autor: admin
Día Mundial contra o cancro.

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO
Hoxe, 4 de Febreiro, é o Día Mundial Contra o Cancro.
Desde o Club Voleibol Arenal Emevé queremos enviar todas as nosas forzas e o noso apoio a aquelas persoas que loitan cada día contra esta lacra; sobre todo a quen o padece, pero tamén ás súas familias e a tant@s e tant@s profesionais que traballan para conseguir a sua cura.
Desde o club d@s #loitadores e #loitadoras só podemos dicirvos:
SEGUIDE LOITANDO!!!
Victoria do Arenal Emevé ante Madrid Chamberí e derrota dos rapaces
Ánimo moz@s!! Seguimos loitando
Podes ler a crónica completa en El Progreso de Lugo , o teu diario de sempre.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Marta Otero no septeto ideal.
𝐄𝐍𝐓𝐑𝐀𝐃𝐀 𝐍𝐎 𝟕 𝐈𝐃𝐄𝐀𝐋
MARTA OTERO, “𝘔á𝘪𝘴 𝘔𝘢𝘳𝘵𝘢 𝘖𝘵𝘦𝘳𝘰 𝘲𝘶𝘦 𝘯𝘶𝘯𝘤𝘢”, cóase no equipo ideal da xornada por méritos propios.
Un gran encontro de Marta en recepción onde acabou entre as mellores, pero tamén en ataque, converténdose nunha das máximas anotadoras.
Repítese a receita do éxito: gran partido, vitoria e 7 ideal.
Tamén excepcional o papel de Lucía Prol, novamente una das mellores atacantes, e do resto do equipo que rendeu a un altísimo nivel.
𝔾ℝ𝔸ℕ𝔻𝔼𝕊, 𝔾ℝ𝔸ℕ𝔻𝔼𝕊, 𝔾ℝ𝔸ℕ𝔻𝔼𝕊 !!
EMEVÉ NEWSCRÓNICA POST-PARTIDO Que partidazo vivimos onte!! Puro espectáculo do que fai afección.
Unha pena que se escapase a vitoria, pero o esforzo das nosas #loitadoras deu como froito un puntiño que pode ser de ouro.
Enormes mozas!!! Se seguides por este camiño seredes imparables.
Podes ler a crónica completa no Progreso de Lugo, o teu diario de sempre.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Mércores 27 xaneiro: Arenal Emevé SVF-CV Kiele Socuéllamos
MÉRCORES 27 XANEIRO
Pavillón Municipal de Deportes
20:00 LIGA IBERDROLA
CV KIELE SOCUÉLLAMOS
Novo partido entre semana, nova oportunidade para gozar do mellor voley do momento cas nosas loitadoras.
Debido á complicada situación sanitaria pola que estamos a pasar, e atendendo ás novas normas decretadas pola Xunta de Galicia, o partido disputarase a PORTA PECHADA.
Pero lembra, podes velo por Streaming na nosa páxina de YouTube grazas ás excepcionais retransmisións de Lecer Audiovisual, a mellor calidade de imaxe, os mellores ángulos…pincha aquí para acceder ao enlace.
Goza das nosas campioas desde a comodidade do teu fogar.


