Somos equipo de Play off


𝐒𝐎𝐌𝐎𝐒 𝐄𝐐𝐔𝐈𝐏𝐎 𝐃𝐄 𝐏𝐋𝐀𝐘-𝐎𝐅𝐅
Cando a principios desta tempada a bautizamos como «𝘜𝘯𝘩𝘢 𝘵𝘦𝘮𝘱𝘢𝘥𝘢 𝘥𝘦 𝘤𝘪𝘯𝘦𝘮𝘢», o que non sabiamos era que iamos vivir todas as categorías de cinema posibles. Houbo un pouco de cinema infantil, tamén terror, thriller, un pouco de comedia, catástrofes, moita aventura, pasando polo romanticismo ata chegar á épica deportiva.
Esta atípica tempada tivo de todo. Unha tempada marcada polo Covid, a falta de público no Pavillón, a redución orzamentaria, o aumento do gasto debido ás novas medidas e probas anti- covid, o reto de ter os dous planteis en Superliga…
E a pesar de todo isto conseguiuse manter a un novísimo equipo feminino un ano máis na elite, manter tamén ao equipo masculino e clasificalo para os play- off da Superliga, primeira vez na nosa historia (se a memoria non nos falla); e todo iso sen rexistrar un só caso de Covid en toda a tempada.
Por iso, e independentemente do que suceda de agora en diante, só podemos cualificar esta tempada como un 𝐑𝐎𝐓𝐔𝐍𝐃𝐎 É𝐗𝐈𝐓𝐎 𝐃𝐄𝐏𝐎𝐑𝐓𝐈𝐕𝐎.
E isto é GRAZAS A TOD@S VÓS!!
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕𝐄, 𝐀 𝐍𝐀𝐈 𝐃𝐄 𝐓Ó𝐃𝐀𝐋𝐀𝐒 𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀𝐒

Una Respuesta a “Somos equipo de Play off”

Trackbacks/Pingbacks

  1. […] Enlace con la noticia original: Somos equipo de Play off […]


[google-translator]

Categorías

Archivos