RECEPCIÓN NA DEPUTACIÓN
Hoxe o Arenal Emevé tivo a honra de asistir, na Deputación de Lugo, a unha recepción polo ascenso das nosas #loitadoras á Superliga Feminina de Voleibol (Liga Iberdrola).
D. Efrén Castro, Deputado de Deportes, recibiu a unha delegación do noso club formada pola directiva e parte das xogadoras que conseguiron o ascenso á máxima categoría do voleibol nacional.
Desde o club queremos dar as grazas pola deferencia e prometemos seguir loitando para que o voleibol lucense siga representado na elite do voleibol español.
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!
Arquivos do autor: admin
Iago Folgueira regresa ao seu clube e será xogador de Superliga 1.
IAGO FOLGUEIRA regresa a un club do que realmente nunca se foi. Tras varios anos na Concentración Permanente da Selección Española en Palencia, Iago volve ao seu club de toda a vida para acompañarnos nesta nova tempada na Superliga.
A pesar da súa mocidade conta con experiencia na máxima categoría, ademais de ser habitual nas categorías inferiores da Selección Española, desde a Sub-14 á Sub-20.
Benvido de novo ó teu fogar, Iago. ⚔️
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!
María R Sanjurjo, 3º temporada en el Arenal Emevé.
Outra loitadora que queda, a nosa MARÍA R. SANJURJO seguirá unha tempada máis facendo vibrar ao Municipal.
Con María conseguimos a renovación de todo o ” TRIO DE XUSTICIERAS”, un trío de xogadoras de voleibol formado por Sara Urrea, Inma Lavado e a propia María Sanjurjo, que fan das rúas lucenses un lugar moito máis seguro, interceptando e retendo un atracador para poñelo ao servizo da xustiza.
Seguro que, tamén nas pistas, saberedes impoñer a vosa lei.
Agora en serio María, moitas grazas pola confianza depositada en nós, sabes que é recíproca.
A por todas María, imos!!! ⚔️
Marta Otero, segue no Arenal Emevé na Liga Iberdrola.
Cando o 2019 chegaba ao seu fin, alá polo 30 de decembro, MARTA OTERO vinculaba o seu futuro ao noso. Do mesmo xeito que noutros casos, debido ás extraordinarias circunstancias acaecidas, non puidemos vela debutar coa nosa camiseta unha vez concluídas as súas obrigacións no Caep Soria e na Permanente da Selección Española, procedente do CV Calsancias de A Coruña.
Por iso, a Internacional Sub-19, decide renovar a súa aposta co noso club e promete recompensarnos cunha gran tempada.
Con Marta completamos o noso particular “Trío de Ouro” de Internacionais Sub-19.
Que apaixonante tempada nos agarda!!
Benvida de novo Marta. ⚔️
Carla Jiménez, nova loitadora do Arenal Emevé.
CARLA JIMÉNEZ (Central, 2002), outra das xoias da Concentración Permanente da Selección Española en Soria, e unha das xogadoras con máis proxección do momento, únese ás nosas filas para a próxima tempada, unha nova #loitadora .
A pesar da súa mocidade, alcanzará a maioría de idade nuns días, Carla conta moita experiencia na competición de alto nivel; e isto unido á súa altura, a súa calidade e a súa garra fan de Carla unha xogadora intimidante e diferencial na rede.
Carla, benvida á familia. ⚔️
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!





