O pasado 23 de Decembro, máis ou menos a tal hora, presentábase un gran reforzo para o noso grupo de #loitadoras; anunciábase a fichaxe de “A perla da Ribeira Sacra” CAROLINA CAMINO.
Carolina viña coa misión de, unha vez terminada a liga co seu equipo Caep Soria e o seu compromiso coa Permanente da Selección Española, reforzar os nosos equipos femininos Xuvenil e de Superliga2 nos Campionatos de España e Playoffs de ascenso respectivamente.
Lamentablemente esta situación que estamos a vivir impediunos poder gozar dela ata o momento. Por iso, Carolina e o club deciden renovar o seu compromiso para que tod@s podamos gozar desta incrible xogadora no seu hábitat natural, a Liga Iberdrola.
Grandes tardes de gloria nos esperan no Municipal.
Este ano si Carolina, este ano si. ⚔️
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!
Arquivos do autor: admin
Lucía Prol, segue no Arenal Emevé e na Liga Iberdrola.
LUCIA PROL, “o brazo máis rápido do Oeste”, seguirá sendo unha das nosas #loitadoras .
Non podía faltar no noso regreso á Superliga Feminina. A súa forza, o seu sacrificio e a súa constancia fan dela unha xogadora clave para calquera equipo.
Estamos seguros de que volverá brillar na máxima categoría como xa o fixo na tempada 18/19, onde chegou a disputar o All Star.
Imos Lucía, a por todas. ⚔️
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!
Javi García Taibo, segue no Arenal Emevé de superliga 1.
Empezamos a semana con enerxía e cunha nova renovación. Nesta ocasión tócanos a grata tarefa de anunciar a continuidade de JAVIER GARCÍA.
Tras un ano no que unha lesión lle impediu demostrar do que é capaz, ben se merece a oportunidade de mostrar todo o que ten que achegar na SVM.
Aínda que, como non hai mal que por ben non veña, dita lesión descubriunos un excelente narrador de partidos nas nosas retransmisións de Streaming.
Este é o teu ano Javi, A POR EL!!!
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!
Sara Urrea segue no Arenal Emevé na Liga Iberdrola.
SARA URREA (2001) queda!! E seguirá sendo unha das nosas #loitadoras .
Peza crave na consecución do ascenso cunha gran tempada, a pesar dunha inoportuna lesión de nocello que a freou lixeiramente na súa progresión.
Sara está destinada a ser novamente unha peza moi importante do equipo de Superliga, o seu labor na recepción e os seus lategazos na rede farannos vivir grandes momentos no Municipal.
A por todas Sara. ⚔️
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!
Inma Lavado é loitadora da Liga Iberdrola no Arenal Emevé.
O noso novo proxecto na Superliga Feminina de Voleibol LIGA IBERDROLA empeza a dar os seus primeiros pasos con forza, con garra, con intensidade; todas elas calidades de “A furia extremeña” INMA LAVADO.
Porque Inma (Central, 1999) seguirá sendo loitadora .
Tras a gran tempada callada na SF2 chegou a hora de consagrarse na máxima categoría.
A por todo Inma .
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!
Diego Taboada segue sendo adestrador dos Loitadores de Superliga 1.
DIEGO TABOADA será novamente quen dirixa os designios dos nosos #loitadores na Superliga Masculina de Voleibol.
Tras a excelente tempada realizada no noso regreso á máxima categoría, Diego e os seus pupilos aspiran a repetir a xesta, e nesta ocasión poder culminala.
Un ano máis DIEGO TABOADA e o ARENAL EMEVÉ son de SUPERLIGA!!




