Arquivos do autor: admin
Fundación Deporte Galego có Arenal Emevé.
Hoxe acordámonos da bonita reportaxe da CRTVG sobre o noso club e o noso equipo feminino do ano pasado na Superliga Feminina de Voleibol.
Unha reportaxe preciosa que reflicte fielmente o que é o noso club. Non chega a dez minutos e faravos pasar un bo ratiño. Preme na imaxe para acceder ao contido.
ARENAL EMEVÉ, SEPARAD@S XUNT@S!!
🔴🔵🏐💪
Persoas do Arenal Emevé ao pé do canon por todos nós.
Comunicado do Arenal Emevé
Ante a dúbidas que están xurdindo, o Arenal EMEVÉ comunica que se suspende o pago da mensualidade do mes de abril, quedando á espera doutras noticias para os vindeiros meses.
Confiamos en poder retomar a actividade tan pronto como esta situación se supere.
Arenal Emevé dille Adeus a Albert Uderzo
ADEUS A ALBERT UDERZO
Quizais moit@s non o coñezades, pero se vos dicimos que era o debuxante de Asterix, seguro que xa vos soa máis.
Aos seus 92 anos deixounos o debuxante dos #loitadores, un artista no que tantas veces inspirámonos para facer as nosas ilustracións utilizando aos seus personaxes.
Foise un
mestre, pero sempre nos quedará o seu legado.
Grazas xenio. Merci génie.
D.E. P.
#emevé #arenal #voley #lugo #voleibol #volleyball #volei #pallavolo #deportegalego #galiciasaudable #abanca #somosabanca #ssangyong #hummel #fundaciondeportegalego #deportegalego #somosvoleibol #somosemeve #lume #loitadores #loitadoras #loitamos #policanteira #arenalemeve #arenalperfumerias #arenalconeldeporte #VoleyArenalEmeve #EuQuedoNaCasa #YoMeQuedoEnCasa #Facebook
Final da Superliga 1
FINAL PARA SVM E LIGA IBERDROLA
A Real Federación Española de Voleibol vén de confirmar o final das competicións de SVM e Liga Iberdrola con efectos a partir do 16 de Marzo de 2020.
Quedan pendente de pechar posibles ascensos e descensos.
Seguiremos informando en canto coñezamos máis datos.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!





