Poxa Solidaria. Arenal Emevé có Deporte de Ellas y Ellos

subastasolidariaeldeportedeellas.weebly.com

🛎️ POXA SOLIDARIA 🛎️

O diario dixital El Deporte de Ellas y Ell@s, en colaboración coa Junta de Castilla y León, e a colaboración de Fundación Zaballos, organizaron unha POXA SOLIDARIA para recadar fondos para o Banco de Alimentos, que se celebrará a fin de semana do 15 ao 17 de Maio.

​Para a mesma, realizaron doazóns particulares e clubs, da talla de Dori Ruano, Manu Trigueros ou Tomás Pina, e clubs como o Real Betis Balompé ou o Albacete. Nós tamén quixemos participar doando unha camiseta de xogo da actual tempada.
PARTICITA!!!

Arenal Emevé na fase 1

Dende o Arenal Emevé, estamos a elaborar un protocolo de actuación para poder retomar a actividade físico-deportiva que se permite na fase 1: grupos de 10 deportistas con 1 adestrador/a ao aire libre. Nosa idea é poder establecer horarios a partir da luns día 18 de maio dos que vos informaremos. Confiamos en que estedes todos ben de saúde e con moitas ganas de retomar o Volei ainda que, polo momento, sexa sin 🏐.

Faino por el@s!

ACTUEMOS CON SENTIDIÑO

Sabemos que está imaxe non se corresponde coa nosa cidade. Sabemos que, salvo contadas excepcións, aquí estanse respectando as recomendacións para saír c@s nos@s nen@s á rúa. Pero non baixemos a garda, non tiremos por terra o esforzo que levamos facendo un mes e medio. Non usemos @s nos@s nen@s como escusa para saír e reunirnos con outras persoas, saiamos e gocemos de el@s con alegría e responsabilidade.
Porque o merecen, porque levan todo este tempo sufrindo está situación sen protestar e porque demostran máis aguante e cordura que moit@s adult@s.
ARENAL EMEVÉ, FAINO POR EL@S!!