XXXVII Copa Galicia de Voleibol Feminino

 

XXXVII COPA GALICIA DE VOLEIBOL FEMININO
Este sábado 4 de Xaneiro temos unha nova cita coa Copa Galicia.
Esta Cop
a reúne aos catro mellores equipos femininos da pasada tempada. Estes catro equipos (Arenal Emevé de Lugo, CV Bruxas de Ames, Autos Cancela Zalaeta de A Coruña, e Club Korbis de Monforte) enfróntanse en formato de Final Four a partir das 10:00, e ata as 19:00 que se disputará a Final no Pavillón Municipal do Restollal de Santiago.

As nosas #loitadoras tentarán revalidar o título conseguido o ano pasado en As Pontes de García Rodríguez.                  ARENAL EMEVÉ, A POLA COPA !!

Candela López Méndez

⚠️ÚLTIMA NOTICIA DO ANO⚠️
Candela López Mendez oficialmente estará no Torneo Internacional Wevza U17 Feminino de Portugal e debutará oficialmente como internacional con ESPAÑA!!!!!!!!!!!
O torneo, que terá lugar entre o 7 e o 11 de Xaneiro, terá a súa sede en Viana do Castelo; polo que nos colle moi preto aos amantes do volei de calidade, ao que estamos afeitos por estas terras.
Candela é unha das doce elixidas entre as compoñentes da Concentración Permanente da Selección Española en Soria e tod@s esperamos con gran expectación o seu debut.
Como diría o pai da seleccionada:
“Isto recentemente empeza. OURO!!”
IMOS CANDE, ESTAMOS CONTIGO!!

El Progreso e Arenal Emevé: Campioas Copa España Infantil N2 e Marta Otero

No último día do ano non podiamos faltar entre as noticias do diario El Progreso de Lugo.
Nesta ocasión fanse eco da fichaxe de Marta Otero e da proeza das nosas Infantís na Copa de España de Voleibol.
De todos os xeitos non deixedes de estar atent@s ás nosas RRSS, nunca se sabe en que momento saltará unha nova noticia.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!

Arenal Emevé campionas Copa España 2019 Grupo N2

🏆COPA DE ESPAÑA🏆

CAMPIOAS, CAMPIOAS, OÉ, OÉ, OÉ
As nosas #loitadoras acaban de proclamarse Campioas da Copa de España na categoría de Infantil Feminino N2.
Despois dun campionato impoluto plantáronse hoxe na Final co convencemento de gañala e así foi. Sen dúbida a visita que recibiron onte da súa ex-adestradora, Eliana, deulles máis forza e ánimo para alcanzar este gran éxito.
Sodes moi grande mozas, grazas por todo o esforzo depregado durante toda a competición.
ARENAL EMEVÉ, GOZANDO XUNT@S!