Marta Otero súmase ao proxecto Arenal Emevé.

MARTA OTERO ÚNESE Ó ARENAL EMEVÉ
Nova incorporación á familia Arenal Emevé, nesta ocasión é MARTA OTERO a que liga o seu futuro ao do noso club.
Dúas veces campioa galega (2018 e 2019) cos seus dous campionatos de españa correspondentes e partícipe en tres CESA coa selección galega. Leva no programa da federación española desde 2017 con dúas WEVZA en 2019 e 2018, dous anos na Concentración Permanente da Selección Española (tempadas 18/19 e 19/20).
Internacional sub-18 e sub-19.
A súa ampla carreira como deportista é inversamente proporcional á súa curta idade.
Sen dúbida unha fichaxe de altura cunha grandísima proxección.
MARTA, BENVIDA Á FAMILIA !!

Festa HQR Pontevedra 2019

Campeonas en alevín feminino y subcampións en alevín amsculino., no Torneo HQR de Pontevedra.
Sodes o noso orgullo moz@s, seguide así.
ARENAL EMEVÉ, CREANDO ILUSIÓNS!!

Premios Galicia á xestión deportiva: Arenal Perfumerías.

GRANDES RECORDOS

Nestas datas nas que a memoria se nos enche de recordos, non podemos esquecer o pasado 9 de Outubro.
Nesa data celebráronse os “PREMIOS GALICIA Á XESTIÓN DEPORTIVA”, onde o noso patrocinador Arenal Perfumerías se alzou co premio ao “Mellor Patrocinio Deportivo”.
Sen dúbida un merecidísimo premio que reflicte o bo facer da empresa, tamén neste aspecto.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!

Bo Nadal do Arenal Emevé.

🎅 BO NADAL 🎅
Achégase unha noite chea de maxia e ilusión, pero tamén de agasallos.
Desde o Arenal Emevé non podemos pedir nada máis, porque cada un@ d@s que formades parte desta gran familia sodes o mellor dos agasallos posibles.
O que sí desexamos é que gocedes desta noite e do día de mañá en compañía dos vosos seres máis queridos e que vos deixedes posuír polo espírito do Nadal.
BO NADAL FAMILIA !!