Víctor Bouza no septeto ideal da xornada 5.

NOVA ENTRADA NO 7 IDEAL
Un novo partido no que a intensidade, a concentración e o esforzo nos levou á vitoria; e a VICTOR BOUZA a entrar por primeira vez esta tempada no 7 IDEAL DA XORNADA.
Aínda que levaba varias xornadas rendendo a un gran nivel, esta semana a súa achega foi decisiva para conseguir un gran triunfo de equipo.
PARABÉNS VICTOR, SEGUE ASÍ !!
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S !!

Invitación: Nas tendas Arenal para a presentación e partidos Sábado 16 Novembro.

GRAN FESTA DA FAMILIA ARENAL EMEVÉ
O Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo acollerá este sábado 16 de Novembro desde as 16:00 horas a presentación oficial de todas as categorías do noso club desta tempada 19-20.

 

➡️16:00 Presentación Equipos Arenal Emevé
➡️17:30 Arenal Emevé SVM 🆚️ CV Melilla
➡️20:00 Arenal Emevé SF-2 🆚️ Volei Rivas

Ademais de gozar do mellor volei nacional do momento tamén teremos música, talleres, inchables, Photocall…
Esperámoste para a gran festa do volei lucense, non faltes, sen ti a nosa familia non está completa.
➡️RETIRA A TÚA INVITACIÓN, XOVES OU VENRES, NA TÚA TENDA ARENAL MAIS PRÓXIMA⬅️
ARENAL EMEVÉ, GOZANDO XUNT@S !!!

VIVINDO UN SOÑO

Levantarse un domingo cun sorriso na cara coa sensación de ter soñado cunha tarde de sábado espectacular, onde as nosas mozas de SF-2 gañaban o seu partido en Torrelavega e os nosos mozos de SVM facían o propio en Manacor; e logo mentres almorzas lendo El Progreso de Lugo darte conta de que non foi un soño, é a pura realidade e debemos gozala.
Aínda que a vitoria das nosas #loitadoras parecía máis factible, desde a distancia Manacor parecía un muro infranqueable para os nosos #loitadores , pero eles sabían que podían facelo e lográrono, conseguiron a súa terceira vitoria consecutiva.
Desde hai 30 anos o 9 de Novembro coñecíase pola caída do muro de Berlín, desde agora para nós, a familia do Arenal Emevé, será o día que caeu o muro de Manacor.
POR SEGUIR VIVINDO O NOSO SOÑO
POL@S DERRUBA-MUROS

Re-COMENDO

😋 RE- COMENDO EMEVÉ 😋

¿Sabedes que facer este fin de semana sen voley no Municipal?
¿Sabedes aquel dito?: “E para comer Lugo”
Pois xa tedes plan, pasear pola nosa preciosa cidade e gozar da súa gastronomía e o seu lecer. A única elección será por onde empezar.
Para facilitarvos un pouco o dilema recomendarémosvos 5 locais hoxe e outros 5 mañá.
As recomendacións de hoxe son:
– Petisco
– O Figón
– Maty’ s Café
– Parrillada Restaurante Porta Santiago
– Parrillada Abel
Todos excelentes e todos colaboradores do noso Club.
A ELECCIÓN NA QUE SEMPRE ACERTARÁS !!!

[button link=”https://www.instagram.com/p/B4nVkmvqaV6/” style=”info” bg_color=”#045FB4″ window=”yes”]ReComendo[/button][button link=”https://www.instagram.com/p/B4k9airiAY0/” style=”info” bg_color=”#086A87″ window=”yes”]ReComendo[/button]