Guillermo Avendaño segue no Emevé.

GUILLE AVENDAÑO (1994) seguirá con nós unha tempada máis.
Acepta o reto de xogar en SVM, completando así un plantel que se ve con ganas de loitar por todo esta campaña. Sen dúbida Guille é a guinda perfecta para este pastel.
IMOS GUILLE, UN GRAN ANO ESPÉRATE !!

Arenal Emevé SVM gaña o 4º trofeo Concello de Dumbría

Grandes os nosos mozos gañando o 4° Torneo Concello de Dumbría disputado onte.
Tras vencer a Boiro Voleibol na semifinal, plantámonos na final contra os anfitrións Club Voley Dumbría SM2 , onde os nosos #loitadores lograron unha traballada vitoria.
No partido polo 3° e 4° posto impúxose Voley Textil Santanderina, polo que as posicións finais do Torneo foron:
1° Club Voleibol Emevé
2° Club Voley Dumbría SM2
3° Voley Textil Santanderina
4° Boiro Voleibol
Grazas aos nosos amigos de Dumbría pola invitación e por organizar un gran Torneo.
ARENAL EMEVE, LOITA CON NÓS !!

Arenal Emevé SF2 gaña a CV Zalaeta.

Sábado 14 ás 12:00 no Pavillón Municipal xogouse un partido de pretemporada que nos enfrontou a CVZalaeta .
Partido moi disputado e entretido que se decantou cara ao noso lado no último set
(26-24 25-20 24-26 14-25 15-12)
Tivemos oportunidade de ver como van evolucionando nosas #loitadoras e como se van axustando as novas fichaxes, a sensación é que imos polo bo camiño.
Grazas ás nosas compañeiras de Zalaeta, e boa viaxe de regreso.
ARENAL EMEVÉ, LOITA CON NÓS !!!

Arenal patrocinador ao Emevé 2019-2020

Rafa Marzán, Director Xeral de ArenalPerfumerías e Bibí Bouza, Presidenta do CV Emeve asinan o convenio polo cal Arenal para a ser patrocinador principal do noso club.
Ambas as entidades con ADN 100% lucense únense para dar a coñecer o voley, o club e a cidade de Lugo. Desde hoxe empeza a andar o ARENAL EMEVÉ, un proxecto que enche a de ilusión a ambas as partes e que sen dúbida será beneficioso para a nosa cidade.
GRAZAS ARENAL POR EMPEZAR ESTE CAMIÑO DA MAN!!!