Cto España Volei Praia Infantil: Candela F, Sara F, Uxía G. e Uxía C.

O noso equipo Infantil de Voley Praia (Sara Fernández, Candela Fernández, Uxía García e Uxía Cela) clasificado para o Campionato de España en Ėzaro. Para nos isto representa un gran éxito xa que é unha modalidade non habitual no Club, moito máis centrado en pista.
Grazas ao esforzo destas mozas e dos seus adestradores ábrese un novo horizonte para o Emevé.

Adrián García, cuarta temporada en el club.

ADRIÁN GARCÍA (1999) Receptor, comprométese de novo co noso proxecto por cuarta temporada consecutiva.
Convocado en varias ocasións coas Categorías Inferiores da Selección Española, Adrián seguirá medrando como xogador na máxima categoría do Voley nacional.
IMOS ADRIÁN, A TOPE !!!

Lidia Figueira, ficha polo Emevé de SF2.

LIDIA FIGUEIRA (2004) chega a Lugo para seguir impulsando a súa meteórica carreira.
Asidua ás convocatorias de Base da Selección Española, Lidia formará parte do noso primeiro equipo estando aínda en categoría Cadete. Toda unha aposta de futuro que xa é unha realidade.
A LOITADORA DO BARBANZA XA ESTÁ AQUÍ !!