VICTOR BOUZA , Receptor (1990), renova para ser o noso estandarte na Superliga Masculina de Voley. Tras a súa experiencia checa, Víctor regresou ao noso equipo para ser unha peza crave no ascenso e, logo de conseguilo, acepta o reto de seguir séndoo para obxectivos máis ambiciosos.
Esforzo, sacrificio, valentía e garra novamente no Municipal.
XUNTOS VOLAREMOS, VICTOR!!!
Arquivos do autor: admin
Rubén López segue no Emevé.

RUBÉN LÓPEZ (1999) , probablemente o home máis rápido da historia en pasar de non coñecer o Voley a xogar en Superliga, debutará esta tempada na máxima categoría do Voley nacional co club que o descubriu e o viu medrar como xogador durante a pasada tempada.
Non nos cabe dúbida de que o Central saberá sacar partido aos seus máis de 2 metros e estará e a altura da competición, sendo unha das pezas craves do equipo.
CÓMO TE QUEREMOS RUBENCIÑO!!!
Luis Linares ficha por el Emevé de SVM.
LUÍS LIN
ARES (1995) chega a Lugo procedente de Vigo, previa escala dun ano en Las Palmas. A ponte aérea Vigo-Lugo vía Canarias está moi concorrida nos últimos días xa que antes de Luís chegou Sara Urrea polo mesmo roteiro.🤔
O vigués é un Central resolutivo con ampla experiencia en SVM onde debutou en 2013. A pasada tempada alcanzou, xunto ao seu equipo, a 7° posición na máxima categoría.
En fin, un reforzo de luxo que nos fai medrar como equipo.
DESEXANDO VERTE EN ACCIÓN, LUIS!!!
Sarra Urrea ficha polo Emevé.
SARA URREA
@saraurrea_ (2001), mocidade, ilusión e calidade, acepta o reto do Emevé e incorpórase ao noso plantel para reforzar o posto de Receptora. Sara conta, a pesar da súa mocidade, cunha ampla experiencia deportiva, tanto a nivel de clubs como coa Selección Española. Coa Selección disputou Torneos e Competicións Europeas. A nivel club xa é Subcampioa de Superliga, Subcampioa da Copa da Raíña e Subcampioa da Supercopa, ademais de participar en competición Europea a pasada tempada co seu anterior club.
BENVIDA SARA !!!
Mario Dovale, renovado.
MARI
O DOVALE , Líbero (1998) seguirá connosco a próxima tempada na Superliga Masculina. Internacional nas Categorías de Base da Selección Española e membro da Concentración Permanente da Selección será unha peza importante do noso plantel e axudaranos a alcanzar os nosos obxectivos esta tempada.
GRANDE MARIO!!!
