Unai Larrañaga regresa ao Emevé

UNAI LARRAÑAGA Líbero nado no ano 2000 procedente do Club Voley Dumbría SM2 , onde xogou a pasada campaña o Playoff de ascenso, regresa a un Club que coñece moi ben.

Unai xa foi Campión da SM2 e quedou 5° no Campionato de España Xuvenil na súa anterior etapa entre nós.

Fichaxe ilusionante do mellor Líbero e membro do Sete Ideal da pasada SM2.

BENVIDO DE NOVO, UNAI !!

 

Felipe Hernández Colocador para SVM

FELIPE De Mello HERNÁNDEZ, Colocador brasileiro procedente do Sporting Club das Caldas (Portugal) reforza o noso plantel de Superliga Masculina.

A pesar da súa mocidade (1994) posúe un dilatado currículo tanto a nivel de clubs como nas Categorías de Base da Selección Brasileira, sendo Sub-Campión do Mundo U21 en Turquía e Campión Panamericano U23 en Canadá.

BEM- VINDO FELIPE!!!

Julia Paradela, renovada!

Por fin podemos anunciar a renovación da primeira das nosas #loitadoras . Un ano máis JULIA PARADELA seguirá no primeiro plantel do Club que a viu nacer como deportista. A oposta lucense nacida no 1999 está destinada a ser peza crave esta tempada na Superliga 2 Feminina.
DÁLLES JULIA !!!!

Pablo Villar, renovado.

Qué orgullo, qué honra, qué ledicia poder anunciar a renovación de PABLO VILLAR para o noso plantel de Superliga Masculina. O colocador lucense nacido en 2002, a pesar da súa mocidade, xa é toda unha realidade. Sendo habitual nas concentracións das categorías inferiores da Selección Española, xogando o Pre-Europeo Sub-16 de Ostuni (Italia) en 2016 e quedando Quinto no Campionato de España Xuvenil en 2018. GRANDE PABLO!!

Jose Valle: Renovado


Xa temos ao noso sherpa para o equipo de Superliga Feminina 2.
Un ano máis JOSE VALLE é o elixido para guiar ás nosas mozas ao lugar que se merecen, os máis altos cumes do voley español.
VAMOS JOSE !!!