Laura Villasante, se queda en el Emevé.

Unha das grandes estrelas da pasada tempada na Liga Iberdrola seguirá connosco a próxima tempada na SF-2. LAURA VILLASANTE @lauvicos QUÉDASE!!! Integrante dun dos equipos do All Star e unha das mellores xogadoras da Superliga.
Seguirá connosco unha tempada máis reforzando a súa aposta polo proxecto do Emevé.
GRAZAS LAURA, QUERÉMOSTE!!!

Inma Lavado, al Emevé.

A pesar de que en Lugo non hai Perrunillas, Breas ou Cachuelas, INMA LAVADO (1999) demostrou non ser Lambuza e virá gozar da nosa gastronomía.
A central extremeña chega ao noso club coa garantía de entrar habitualmente no septeto ideal da SF-2 a pasada tempada, sendo a mellor atacante e mellor bloqueadora en varias ocasións. Sen dúbida unha fichaxe de luxo que nos fará medrar como equipo.
Bravo Inma, Bravo!!!

Matthew Knigge, fichaxe do Emevé SVM.

Empezamos esta nova semana con forza. Directamente de EEUU, chega ao noso club MATTHEW KNIGGE (1996). O poderoso Central americano, cos seus 202 cm, chega para reforzar unha posición crave.
Xogador de gran envergadura, gran potencia de salto e remate poderoso.
Puro espectáculo este ano no Municipal.
GO MATTHEW, GO !!!

Paula Lorenzo, renovada!

PAULA LORENZO (1999) E EMEVÉ seguen o seu camiño unide@s da man.

A Líbero da nosa canteira empeza a súa enésima tempada connosco. O seu traballo, constancia e amor polas nosas cores fan que non poidamos concibir un futuro sen Paula.

SEGUE ASÍ PAULA !!!

Chema Giménez, renovado.

CHEMA GIMÉNEZ (Murcia, 1995) aposta de novo polo Emevé.
O Receptor murciano, asiduo ás Categorías Inferiores e á Concentración Permanente da Selección Española, afronta a súa terceira tempada en Lugo con toda a ilusión do mundo. A mesma ilusión que nos fai a nós que quede.

¡ ACHO, DÁLLE DURO !

María R Sanjurjo, outra tempada no Emevé.

Maria Rguez Sanjurjo , a xoven Colocadora monfortina (2000) afronta a súa segunda tempada entre nós.

Habitual nas categorías inferiores e na Concentración Permanente da Selección Española, será unha peza crave no noso plantel.

Xuventude, ilusión e crecemento constante son os seus acenos de identidade.

IMOS MARÍA !!!