
Xa temos ao noso sherpa para o equipo de Superliga Feminina 2.
Un ano máis JOSE VALLE é o elixido para guiar ás nosas mozas ao lugar que se merecen, os máis altos cumes do voley español.
VAMOS JOSE !!!
Arquivos do autor: admin
Renovación de Diego Taboada.
O noso equipo de Superliga Masculina empeza a tomar forma.E qué mellor forma de empezar que coa renovación do noso Director de Orquestra, un ano máis Diego Taboada encargarase de que cada nota soe afinada.
#emeve #lugo #voleibol #volleyball #pallabolo #ssangyong #hummel #fundaciondeportegalego #somosvoley #somosemeve #lume #loitadores #loitadoras #policanteira
Proxecto VoleyIN
Hoxe rema
tamos un proxecto de Voleibol inclusivo en colaboración coas asociacións: Adace, Cogami, Auxilia e Raiolas. Difícil describir a ilusión que todos aportamos e que, creo, fomos quen de transmitir. Hoxe, como colofón a estes meses, nos que dabamos os primerios pasos, contamos coa visita do equipo VoleyIn de Boiro nunha xornada de confraternización. Gracias polo esforzo de vir ata Lugo a xogar connosco e, gracias a Ana Abelleira e a Sonsoles López por facer un oco na súa apretadísima axenda e despedir esta actividade que, confiamos, podamos comenzar, de novo, en Novembro.
Candela López Méndez nas xornadas de supervisión da RFEVB

Candela López ( Lugo 2005) formará parte das Xornadas de Supervisión e Control de categorías inferiores da selección española de Voleibol que se celebrarán en Soria dende o venres 31 de maio ao domingo 2 de xuño. O esforzo, a constancia e o traballo sempre dan os seus froitos. Noraboa @candelopezmendez a policanteira no máis alto

