“Transformando el Aula de Primaria”, Irene Yañez Leiro

A nosa ex-capitana e eterna #loitadora Irene Yáñez Leiro ven de presentar o seu primero libro “Transformando el Aula de Primaria”, e a nosa Presidenta Bibi Bouza non quixo deixar pasar a ocasión de acompáñala nunha data tan importante, e transmitirlle a ledicia que ela mesma e o resto do club sentimos por Irene nestes intres.
NORABOA IRENE!! 🙌🙌🙌

MATY’S CAFÉ co Arenal Emevé.

En plena Praza Maior de Lugo poderás disfrutar do mellor café de media mañá, unas cañas cos amig@s ou unha deliciosa comida caseira.
Sexa cal sexa o teu plan, MATY’S CAFÉ é o teu local ideal.
GRAZAS!!! 🙌🙌🙌

MVP´s da Xornada 6

MARTA OTERO é a MVP MG da Xornada 6 da #ligaiberdrolavb no Arenal Area.
Por non dar por perdido ningún punto, polas defensas imposibles coas que nos deleita e por facer gala cada día do máis puro estilo #loitador , merécese este MVP patrocinado por @mg_fevimar
Parabéns Marta!!
NAHUEL OSSOLA é o MVP MG da Xornada 6 da #SVMVB2425 no Arenal Area.
Máis aló das estatísticas , hai xogadores que cada vez que saen a pista dan a sensación de que algo grande vai pasar. A desenvoltura, a enerxía, a alegría… que transmite Nahuel en cada intervención fano merecedor deste MVP patrocinado por @mg_fevimar
Parabéns Nahuel!!