O Club Voleibol Emevé decidiu suspender todas as actividades deportivas (tanto competicións como adestramentos para todos os equipos ARENAL EMEVÉ ) desde hoxe Xoves día 12 de Marzo ata o Luns 23 de marzo, ante as recomendacións das Autoridades Sanitarias, así como o peche das instalacións deportivas.
Esperamos poder retomar a normalidade en breve.
Aquivos por Categoría: Alevíns
LIGA ESCOLAR ALVAREZ REAL . Xornada 6
Liga Escolar Álvarez Real
Novo acordo para o Arenal Emevé.
PRESENT
ACIÓN NOVO ACORDO
Hoxe ás 18:00, se a autoridade o permite e o tempo (e a tecnoloxía) non o impide, terá lugar a presentación dun novo acordo de colaboración. Un acordo no cal os que máis van gañar van a ser as nosas grandes estrelas, a CANTEIRA.
Permanecede atent@s ás nosas RRSS, se as condicións o permiten todo o acto de presentación será retransmitido en directo por Instagram Live. Se non o podedes ver en directo poderedes velo despois, xa que durante 24 horas quedará colgado nas nosas Historias de Instagram.
ARENAL EMEVÉ, MEDRANDO XUNT@S!!
Rumbo a Narón coa policanteira do Arenal Emevé
RUMBO A NARÓN
A nosa #policanteira desprázase de novo, nesta ocasión a Narón.
Alí disputarán u
nha nova proba do Campionato Galego de Voleibol Benxamín e Alevín.
Unha nova oportunidade para que @s nos@s pequen@s loitadoras e loitadores midan as súas forzas con equipos de toda Galicia.
ARENAL EMEVÉ, A POR EL@S !!


