Aquivos por Categoría: Liga Iberdrola
Jordi Llonch, ao Arenal Emevé.
JORDI LONCH únese ao Staff técnico do Arenal Emevé.
A pesar da súa mocidade, Jordi atesoura unha gran experiencia
, destacando o seu labor como Coordinador Técnico do CV Barberá e como técnico do Centro de Alto Rendemento da Federación Catalá de Voleibol coa que acaba de alzarse como Campións de España Infantil Masculino no CESA recentemente celebrado.
Jordi chega para ser a man dereita de Pascual Saurin como segundo adestrador, á vez que participará na composición do Corpo Técnico das categorías inferiores da sección feminina do club.
Benvido Jordi!!!
Chuchi Corbalán, interna _ cional arxentina únese ao Arenal Emevé
María da Paz ‘Chuchi’ Corbalán únese ao Arenal Emevé.
A oposta, Internacional e MVP 21-22 da Superliga Arxentina, vivirá a súa primeira experiencia fóra do seu país e chega con ganas de demostrar todo o seu potencial.
Traballo, intensidade e ambición son algunhas das características da que chega para ser a punta de lanza do ataque das #loitadoras .
Benvida Chuchi !! 👏
Emma Piqueras ao Arenal Emevé
EMMA PIQUERAS nova xogadora do Arenal Emevé.
Tras o seu paso por Caep Soria e CV Valencia, chega a Lugo como a primeira habitante da Academia do Volei que se poñerá en marcha está tempada, e desde a que seguirá cos seus estudos á vez que se incorpora ao equipo de Superliga para reforzar a posicion de líbero.
Benvida Emma!! 


