A sede central de Arenal Perfumerías en Lugo foi o lugar elixido para a presentación da estrela do volei español Patricia Aranda.
Nun acto no que estivo acompañada por Rubén López, Manager Xeral do Arenal Emevé, e por Rafa Marzán, CEO de Arenal Perfumerías; Patricia adiantou a súa intención de meter ao equipo nas Finais de Copa e Superliga Feminina.
Coa súa experiencia e calidade, e rodeada dalgunhas das súas compañeiras de Selección Española e doutras xogadoras novas cun enorme potencial, Patricia dispoñerá de moitos ingredientes para cociñar unha tempada histórica para este club.
Benvida á túa nova casa, á túa nova familia !! 🙌
Aquivos por Categoría: Liga Iberdrola
Arenal Emevé suma a Patricia Aranda ás súas filas.
Ainara Burgo segue no Arenal Emevé e na Liga Iberdrola
Alejandra Pérez, segue no Arenal Emevé da Liga Iberdrola
Lidia Figueira, renova polo Arenal Emevé
Karyna Malachias ao Arenal Emevé
KARYNA MALACHÍAS, 1,93 m. de pura potencia para o centro da muralla das #loitadoras
Tras brillar nalgúns dos mellores equipos do seu país, e nas Categorías inferiores da Selección Brasileira, Karyna afronta a súa primeira experiencia internacional, e temos a honra de ser @s elixid@s para gozar do seu poderoso xogo. 👏👏
BENVIDA KARYNA!! 



