Este sábado temos unha nova dobre cita co mellor voley do momento.
Comezaremos a tarde cun partido de SVM que medirá aos nosos #loitadores ó Vecindario Ace Gran Canaria, para continuar co partido de SF-2 entre as nosas #loitadoras e CV Torrelavega.
Ven, trae aos teus familiares e amig@s, goza do espectáculo e apoia ao teu equipo que tanto precisa de tí.
Esperámoste!!!
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!
Aquivos por Categoría: Liga Iberdrola
Crónicas do Sábado 8 Febreiro
Copa do Rei. Palma de Mallorca
🏆COPA DO REY🏆
O DESEM
BARCO DOS #LOITADORES
Os nosos #loitadores xa desembarcaron en Palma para a disputa da Copa do Rey de Voleibol.
Do 7 ao 9 de disputarase este título tan apetecible como difícil de conseguir.
Os nosos campións empezarán o seu camiño contra Club Voleibol Eivissa, primeira e dura batalla da guerra polo Campionato.
Listos para a loita??
ARENAL EMEVÉ, A POLA COPA !! ⚔️
Crónicas do Sábado. Superliga. El Progreso
CRÓNICAS DO
SÁBADO
Hoxe en El Progreso de Lugo podes ver as crónicas dos partidazos de SF-2 e SVM.
Non vos esquezades de ler este xornal para seguir as últimas novidades do equipo durante a fin de semana. Cada sábado podedes ver as previas dos partidos que imos disputar e os domingos os resultados e as crónicas de cada partido.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!
El Progreso informa. Arenal Emevé.
A internacional cubana, Lianny Tamayo xa está en Lugo.
Xa te
mos a Lianny Tamayo entre nós.
A internacional cubana chegou onte á noite á nosa cidade e, tras coñecer @s súas/seus compañeir@s e descansar un pouco, foi presentada hoxe ás 12:30 no Arenal Perfumerías en Quiroga Ballesteros.
Esta mesma tarde incorpórase aos adestramentos co grupo, e debido ao excelente estado en que se atopa, non se descarta a súa participación no partido de mañá. Pero esta decisión está soamente en mans dos seus técnicos e non transcenderá ata mañá xusto antes do partido.
Por este motivo é aconsellable que non faltedes mañá á cita co Municipal.
Estamos nun momento que merece ser vivido e gozado.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S !!

