HEROÍNAS DENTRO E FÓRA DA PISTA

Tres xogadoras do noso club dan caza a un ladrón no centro de Lugo.
O delincuente tentou atracar un bar no centro de Lugo, pero saíu correndo ao ver que había un cliente no interior. O cliente saíu correndo detrás do ladrón gritando en busca de axuda. Ao seu rescate acudiron tres xogadoras do noso equipo de SF-2 que se atopaban nun local próximo, tras unha curta persecución lograron alcanzar e reducir ao malfeitor ata a chegada da Policía.

Pincha aquí para ler a noticia de La Voz de Galicia.
Un acto arriscado que pon de manifesto o valor e a gran calidade humana das nosas #loitadoras.
ARENAL EMEVÉ, AO SEU SERVIZO 🏐👮

Tea Andric no septeto ideal da xornada.

🎙️ EMEVÉ NEWS 🎙️

NOVA ENTRADA NO 7 IDEAL
De novo TEA ANDRIC, a nosa guerreira dos Balcáns, entra no equipo ideal da Xornada.
Nada nos produce máis satisfacción que ver como se recoñecen os méritos das nosas #loitadoras , froito do duro traballo do día a día.
PARABÉNS TEA, ES MOI GRANDE
🔴🔵🏐💪

Entrevista a María R Sanjurjo

🏐 HOXE XOGAMOS 🏐
Sábado 22 de FEBREIRO
Pavillón Municipal dos Deportes
17:30 ARENAL EMEVÉ 🆚️ GRAN CANARIA

 20:00 ARENAL EMEVÉ 🆚 TORRELAVEGA

Nova dobre cita co mellor volei do momento no Municipal.
Hoxe en El Progreso de Lugo ademáis das previas, podes ver unha interesante entrevista á nosa colocadora María R. Sanjurjo .
Non o perdas, esperámoste.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S !!