Arenal patrocinador ao Emevé 2019-2020

Rafa Marzán, Director Xeral de ArenalPerfumerías e Bibí Bouza, Presidenta do CV Emeve asinan o convenio polo cal Arenal para a ser patrocinador principal do noso club.
Ambas as entidades con ADN 100% lucense únense para dar a coñecer o voley, o club e a cidade de Lugo. Desde hoxe empeza a andar o ARENAL EMEVÉ, un proxecto que enche a de ilusión a ambas as partes e que sen dúbida será beneficioso para a nosa cidade.
GRAZAS ARENAL POR EMPEZAR ESTE CAMIÑO DA MAN!!!

Autoescola Lucus e Emevé.

A Autoescola Lucus e o C.V. Emevé asinan un convenio de colaboración do que poderán beneficiarse tod@s aquel@s que sexan abonad@s ou xogador@s do noso clube.
Todas aquelas persoas que desexen sacarse o carné e cumpran estes requisitos atoparán na Autoescola Lucus a mellor das súas opcións grazas ás seguintes vantaxes:
– 10% DTO en Matrícula e Teórica
– 3 prácticas gratis en Permiso B
– 2 prácticas gratis en circuíto en Permiso de Moto.
(Descontos non acumulables a outras ofertas)

AUTOESCOLA LUCUS CONDÚCENOS ÓS NOSOS SOÑOS!!!

Atopa Autoescola Lucus na Praza Mártires de Carral n 16 (antiga Praza Comandante Manso)

Xornadas de Portas abertas no Emevé. Anímate e ven!

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS ¿XOGAS AO VOLEI CON NÓS?
A partir do próximo venres 13 de Setembro, e nos días sucesivos, celebraremos novamente as nosas xornadas de portas abertas. Tod@s @s nen@s que o desexen poden probar as bondades deste precioso deporte sen ningún tipo de compromiso.
Quen sabe? Se cadra descubrimos ao novo #rafapascual ou á nova @anaescamilla10 .
Máis información no teléfono 600 406 299, no mail correo@emeve.com ou pásate polo «poli» o 13 ás 18:00, alí estaremos para recibirte cos brazos abertos.
XOGA VOLEIBOL…XOGA CO EMEVÉ!!!